Foz, 2 de marzo de 2022. O Concello de Foz leva ao pleno da corporación municipal que se celebrará este xoves a expropiación dos terreos para construír a nova depuradora.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Concello de Foz segue a cumprir coa súa parte do convenio asinado no ano 2016 coa Xunta de Galicia e está a facer os últimos trámites que lle corresponden, coa tramitación a través do órgano competente, que neste caso é o pleno, da expropiación dos terreos para a nova EDAR, unha vez feita a valoración e todos os informes preceptivos dos técnicos. Os terreos que se expropian son os incluídos no anteproxecto aprobado por Augas de Galicia, estando aínda pendentes pola Xunta a adxudicación da redacción do proxecto construtivo e das obras da nova depuradora.
Este xoves pola mañá Fran Cajoto; o primeiro tenente de alcalde, Francisco Xavier Fanego, e técnicos municipais van manter unha reunión en Augas de Galicia para tratar o estado do avance da nova EDAR e outros asuntos pendentes con Augas de gran importancia para o concello, como son a legalización da captación de Cordido -parroquia na que non se poden edificar novas vivendas despois da aprobación parcial do PXOM polo anterior equipo de goberno-, a legalización tamén da captación de Transmonte e á ampliación de caudal da captación principal do concello, que está no río Ouro. Respecto a isto último Cajoto destaca “o traballo feito desde o Concello para aumentar este caudal, que se poida desbloquear a bolsa de solo urbanizable no parque empresarial de Foz e que non se vexa afectado o futuro desenvolvemento do pobo con proxectos que poderían influír, como a central eléctrica reversible Xistral”.
O rexedor municipal engade: “somos conscientes de quen ten o coñecemento e quen é competente sobre as captacións de auga, que é Augas de Galicia. Por iso metemos estes puntos na orde do día da reunión, que se retrasou dúas semanas. Somos conscientes tamén de que Augas de Galicia xa emitiu un informe desfavorable respecto á central hidroeléctrica reversible Xistral. Fronte ás aseveracións malintencionadas do voceiro do Partido Popular, Javier Castiñeira, indicando que o Concello non facía nada, demostrouse que quen ten competencias e a responsabilidade da captación das augas é Augas de Galicia, da Xunta. O que non é aceptable en ningún caso é que o Partido Popular de Foz obvie as responsabilidades da Xunta de Galicia porque actualmente son os que están a gobernar en Santiago. Nós sempre lle vamos esixir a calquera administración, pero dentro do marco das súas competencias. Non entendemos as críticas de Castiñeira respecto á xestión de todos os trámites para a nova EDAR porque somos responsables e estamos simplemente levando a cabo os trámites de expropiación conforme ao convenio asinado. Non hai ningunha novidade pois os terreos definíanse no anteproxecto que foi aprobado hai xa un ano. O que necesitamos é información do estado de tramitación e do avance da depuradora en Augas de Galicia e daremos conta pormenorizada no pleno. Pídolle, de verdade, ao voceiro do Partido Popular que se digne a acudir a algunha das comisións de asuntos preparatorios do pleno, que se celebran sempre unha semana antes da propia sesión plenaria. Nunca acude e por tanto non ten a información pertinente. Precisamente esas comisións fanse para algo. Menospreza os órganos regulamentarios e intenta de novo enganar ás veciñas e veciños. O importante é que os plenos se celebren coa regularidade establecida, e non como nalgúns concellos do Partido Popular, como Abadín, onde se esquecen deles”.
Fran Cajoto manifestou tamén que “o que estamos a ver é que as accións de Castiñeira enmárcanse nun contexto claro: queda pouco máis dun ano para as eleccións locais e a estratexia típica do PP, que é criticar sen fundamento e sen aportar nada, sufre un acelerón claro. O que lle pido é que traballe por Foz naquilo no que poida ter influencia; por exemplo en Augas de Galicia goberna o Partido Popular e hai moitos asuntos que deixou pendentes no seu anterior mandato e que debemos resolver neste. Estamos no Entroido, pero aquí estanse a tratar asuntos moi serios”.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



