Ribadeo, 15 de marzo 2022. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, explica que “pasan los días y sin darnos cuenta entraremos en el verano y los vecinos de nuestra villa se encontrarán con el mismo problema que el año pasado: los accesos a la playa del Cargadero siguen sin arreglarse”. Iso a pesar de que “el gobierno local lleva dos años anunciando su arreglo; pero, hasta ahora, ni rastro”.
Sierra advirte da preocupación e interese dos veciños para que se arranxen os accesos a esta praia: “Incluso llegaron a reunirse todos para pedírselo al señor alcalde”.
O Grupo Municipal Popular tense reunido cos afectados para manifestarlles o seu apoio e mesmo reclamou en varias ocasións o arranxo dos accesos a esta praia. Nese sentido, defenderon no pleno unha moción que recollía as demandas dos veciños e usuarios. “Para muchos vecinos, esta es su playa de toda la vida, la que está al alcance de los que no poseen coche para desplazarse a otras”, aclara Sierra.
A popular considera que a falta de solucións a este problema é “otro claro ejemplo de la desidia de este gobierno cansado, que solo trabaja por interés propio”. En relación a este asunto manifesta que “muchos vecinos tienen derecho a que esta playa se arregle. Que no se pongan siempre las mismas disculpas cuando la responsabilidad es del gobierno del BNG”.
Por iso, cre que “basta ya de falsas promesas. Llevan dos años anunciando el arreglo de estos accesos y hasta ahora ni rastro. A que esperan, a las próximas elecciones?”, se pregunta.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



