Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022. O deputado do BNG, Luís Bará formulou unha pregunta ao goberno sobre a distribución de fondos públicos a entidades locais mediante convenios e acusou á Xunta de beneficiar aos gobernos municipais do PP a través dos citados convenios.
O deputado puxo diferentes exemplos para demostrar o “tratro de favor” por parte do Goberno aos concellos do Partido popular en obras para a construción de auditorios, infraestruturas e medio ambiente. Con respecto aos auditorios municipais explicou que descoñecemos os criterios para a súa financiación e incluso “porqué a consellaría de Medio Ambiente tamén financia estas actuacións como nos últimos dous anos coa financiación de dous auditorios en dous concellos con porto de mar, Marín e Ribeira”. Ao lado de Marín, dixo Bará, hai outro concello que tamén ten porto de Mar pero a Bueu a Xunta respondeulle que non “achegará fondos” este ano.
Curiosamente, Riberia si contou con tres convenios por valor de 1,4 millóns de euros mentres a Bueu lle respondían que non había fondos. Ribeira, ademais de ser Porto de Mar é un concello gobernado polo Partido popular e vostedes “asinan a dedo os convenios”.
Pola súa parte, a Axencia Galega de Infraestruturas tamén asinou distintos convenios con 12 concellos dos que “só dous non son do PP”. Repartiron 6 M€ e os dous concellos reciben o 6% dos fondos, “as grandes cantidades van para os concellos gobernados polo Partido popular”.
Para o deputado, as “practicas caciquís” de Medio Ambiente son a guinda deste proceder partidista, con “20 anos de cacicadas con máis de 320 actuacións e 150 millóns de euros”, a maioría a través de convenios “a dedo”.
Que teñen que ocultar para non remitir ao Parlamento a documentación que solicitamos dende o ano 2021?
Tras intervención da Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, o parlamentario recalcou que “non existe igual trato” para as distintas entidades locais e insistiu en que existe “unha clara discriminación do reparto dos fondos” aínda que o Partido popular tente “disfrazar a realidade” porque os fondos son repartidos entre os concellos por unha parte, a través do Fondo de Cooperación Local, as convocatorias de subvencións e en terceiro lugar, os convenios. Os convenios representan un terzo das transferencias aos concellos anualmente, más de 100M€ e nos convenios, reiterou, é onde se produce “un uso partidista escandaloso”.
O deputado utilizou o Plan Urbe publicado no DOG para demostrar que un gran número de concellos foron beneficiados con diversos convenios no período 2020 no que “de 75 concellos, só hai un que non pertence ao Partido popular”. Si foron repartidos 130M€ do Plan Urbe en doce anos con 350 actuacións, “solicitamos a información sobre as cantidades recibidas”. Vostedes en realidade, non queren establecer a visualización das cantidades totais como recomenda a FEGAMP porque nese momento, quedarían ao descuberto “todos os repartos discrecionais”. Porque non nos dan esta información? Que queren ocultar? preguntou o nacionalista.
Ante as denuncias sobre o “reparto irregular dos fondos”, o Partido popular, tentou maquillar do ano 2021 ao 2022, a través dunha convocatoria de subvencións do Plan Urbe cunha partida de 7€ pero “trampearon a convocatoria pública destinando só 1,3 M€” e o resto foron entregados “a dedo”, esta, recalcou, Bará “foi a trampa”. No ano 2022 teñen de novo 7 millóns de euros pero a ver cantos destinan en subvención e cantos “a dedo”.
Finalmente o deputado afirmou que resulta “indignante” o trato de favor da Xunta aos concellos gobernados polo PP, un trato discriminatorio e “unha desviación de poder”. Durante 13 anos, vostedes deron a dedo máis de 1.600 millóns de euros a concellos do Partido popular, concluíu.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



