Santiago de Compostela, 26 abril 2022.- O BNG acadou o acordo do Pleno do Parlamento para que a Xunta complemente con axudas propias as aprobadas polo Estado para o sector pesqueiro para minimizar as consecuencias derivadas da crise actual, así como que axilice de maneira urxente a exoneración das taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público galego mentres se manteña a excepción da situación inflacionista.
De igual xeito, a iniciativa impulsada pola portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, insta ao Executivo galego a demandar do central un paquete de medidas adicionais, entre elas: a rebaixa do IVE dos produtos do mar ao tipo superreducido do 4% de forma permanente, como indica a OMS; a exención temporal mentres se manteña a excepcionalidade da situación actual tanto das cotizacións á Seguridade Social como do pago de todas as taxas portuarias que se aplican ás distintas frotas nos portos do Estado localizados en Galiza, así como topar o combustible pesqueiro, tal e como pide o sector, a 40 céntimos o litro.
Así mesmo, en virtude deste acordo parlamentario a Xunta reclamará ao Estado a paralización sine die de todas as normativas europeas e internacionais que se están poñendo ou se pretenden poñer en marcha e que afectan negativamente ao sector, como a revisión da Directiva de Tributación da Enerxía e o paquete de medidas denominado Fit-For 55, o Programa de Acción Medioambiental da UE para 2030 e o probable acordo da OMC sobre a eliminación dos subsidios pesqueiros.
Pérez reprochou ao Goberno galego que aínda non rematara a tramitación da compensación das taxas que cobra Portos de Galiza, “anunciada ata a saciedade”, e que esta fose a única medida xunto á “intensificación” da campaña Galiza sabe amar, en apoio á frota galega, e a “axilización” do pago das axudas que xa están concedidas. “Un paquete de medidas, de tres medidas!, que non son máis que actuacións que deberan ser ordinarias, pero que o Goberno galego quere vender como extraordinarias”, reprendeu.
A deputada nacionalista reprobou que a Xunta busque sempre a confrontación co obxectivo de exercer de oposición permanente ao Goberno do Estado no marco da súa loita partidista e que “negue axudas propias ao sector mentres esixe axudas de emerxencia porque a situación é moi grave”.
Segundo recalcou, a única gran medida tomada ata o momento polo Executivo do PP foi “a de reclamar, urxir, apremiar, demandar, instar a outros a que actúen porque ‘con nós non vai’” e, por iso, concluíu defendendo a idoneidade das medidas acordadas na sesión plenaria de hoxe. “Vostedes recoñecen que a situación é límite, que aínda pode empeorar, mais non só non tomaron medidas efectivas, senón que non se están adiantando, non están prevendo que a cousa pode ir a peor”, afirmou para rematar advertindo que “hai moito tempo, moito antes de febreiro, que se deberan ter tomado medidas”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



