Burela, 11 de abril de 2022. O Concello de Burela vén de anunciar que fará melloras no parque infantil da Marosa, rehabilitando este espazo de xogo que conta cunha grande afluencia de bureleses e mariñenses, ubicado na zona deportiva de A Marosa con dous campos de fútbol, unha pista de tenis, outra de pádel e unha praia de bandeira azul.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, desprazáronse ata a zona acompañados da arquitecta municipal e o encargado de obras para planificar o traballo que se prevé iniciar o vindeiro mes con membros da empresa adxudicataria, Sport Equipalia, SL.
A renovación do parque infantil incluirá elementos con motivos pesqueiros e outros adaptados á realidade social da infancia, coa montaxe dun dindán para nenas e nenos con mobilidade reducida.
O acalde, Alfredo Llano, informou da obra coa “satisfacción de poder levar a cabo unha renovación integral desta zona tan concorrida por familias da localidade e mesmo da comarca, un entorno deportivo que merece a posta a punto deste lugar de divertimento e lecer para os máis pequenos, entendendo todas as súas necesidades e apostando por crear espazos inclusivos”.
O proxecto, cun orzamento de execución de 49.979,40 euros, que será sufragado con fondos do Plan Único da Deputación Provincial, licitouse en base ao que o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, denominou “pregos sociais”, pois algúns dos requisitos de contratación sinalaban “á existencia dun Plan de Igualdade na empresa, á contratación de persoas en situación de desemprego, número de contratos indefinidos, así como á porcentaxe de
mulleres na empresa, outorgando moito valor ás condicións laborais e á perspectiva social e igualitaria dos concorrentes”, sinalou o edil, amosando un claro compromiso e aposta do equipo de goberno “por transversalizar a xustiza social en todas as políticas que impulsamos”.
Na visita realizada á Marosa, os presentes puxeron en común a implementación da obra sobre o terreo, afondando sobre os distintos materiais que se empregarán así como a disposición e distribución dos distintos elementos que darán unha nova imaxe ao parque é á zona.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



