Burela, 20 de abril, 2022. O Pescados Rubén Burela suma outra derrota consecutiva despúes de perder contra o cuarto clasificado, Palma Futsal na 23.ª xornada da Primeira División de Futsal. O conxunto adestrado por Rafa Merino, segue sen puntuar a pesar de buscar constantemente conseguir mellorar a puntuación.
Partido que empezaba con moita intensidade en Vista Alegre, probando sorte por primeira vez Cainan cun disparo coa zurda que se vai á dereita da meta de Kaluza. O Pescados Rubén Burela contestaba cunha dobre oportunidade de Álex Diz e Pazos a través de dous disparos que atallaba Fabio.
A medida que chegaba a metade da primeira parte, Palma vaise atopando máis protagonista con varias ocasións para inaugurar o marcador. Aínda así, o partido transcorreu moitos minutos igualado, tendo ocasións ambos os equipos para anotar; O Burela por medio de Renato e Cainan por parte do Palma. Ía chegar o gol do Palma no minuto 14 nunha saída errónea de balón do equipo local que Mancuso converte en gol coa perna esquerda.
Os laranxas despois do gol en contra estaban máis incisivo, tendo moitas oportunidades claras como un balón de Pitero que acaba fóra. Os últimos minutos da segunda parte, o Burela buscaba o gol con moitas accións que finalmente non acababan dentro da portería. Ía chegar ao descanso co marcador de 0-1 a favor do Palma.
Ao saír do descanso o Burela xa tivo dúas opcións de empatar, por mediación de Wanderson e Isma, pero o gol parecía que non ía chegar. A continuación tiveron un tres para un os burelenses que non conseguiron culminar. Chegaría finalmente o segundo gol do Palma no minuto 26, despois dunha xogada individual de Neguinho que bate a Kaluza despois dunha pisada.
A pesar de aumentar a súa renda o Palma, O Pescados Rubén Burela non baixou os brazos, tendo ocasións de todo tipo para poder reducir distancias.
Durante os últimos 5 minutos o Burela saíu con porteiro xogador para tentar reducir a vantaxe do Palma, e ía trazando ben o seu xogadas pero non eran os suficientemente efectivas. Entre tanto o Palma ía ter algún contragolpe e mentres o Burela xogaba de cinco, nun erro en defensa, Nunes ía anotar o 0-3 a portería baleira no minuto 37.
Os laranxas seguían tentándoo con porteiro xogador pero o marcador non se movería do 0-3 e así acabou o partido de hoxe en Vista Alegre.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Kaluza, Isma, Renato, David Pazos, Quintela –cinco inicial- Lucho, Iago Míguez, Pitero, Wanderson, *Álex Diz e Edu
Palma Futsal: Fabio, Tomaz, Eloy Rojas, Cainan e Gordillo. -Cinco inicial- Tamén xogaron Pope, Marlon, Neguinho, Mancuso, Nunes Chechu e Carlos
Goles: Min 14 Mancuso 0-1; Min 26 Neguinho 0-2; Min 37 Nunes.
Árbitros: Tarxetas amarelas a Quintela e Marlon.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23ª de Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



