Lugo, 11 de abril de 2022. Os senadores do PP pola provincia de Lugo preguntaron ao Goberno en febreiro pasado que prazos de execución e que cantidades económicas ten establecidas para a execución das obras da autovía A-74, entre Barreiros e San Cibrao. A pregunta era moi concreta, pero a resposta do Goberno foi moi vaga, porque, como sinalan Rosa Arza, José Manuel Barreiro, Manuel Lorenzo Varela e Juan Carlos Serrano, non concreta prazos.
Na súa resposta, o Goberno di que continúa impulsando o desenvolvemento da A-74. Lembra que o 3 de decembro de 2021 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado do tramo Burela-Foz e o 26 de xaneiro de 2022 someteuse a información pública no Boletín Oficial do Estado. Indica que “unha vez apróbese definitivamente o proxecto de trazado, continuarase co proxecto de construción”. Di tamén que no que respecta ao resto de tramos se segue traballando nos correspondentes estudos e proxectos.
Os senadores populares lamentan que o socialista César Mogo diga que pide investimentos ao Goberno e tolere que o Executivo non aclare con detalle que previsións ten para impulsar esta importante vía de comunicación. Teñen cada vez máis claro que o Ministerio de Transportes non ten intención real de sacar adiante esta obra.
Na exposición de motivos da súa pregunta, os populares destacaban a redacción do proxecto iniciouse no ano 2015 e a súa execución quedou paralizada cando o PSOE chegou á Moncloa. Resaltan a importancia desta infraestrutura como vertebradora da comarca da Mariña co noroeste peninsular e co resto de Galicia, e como unha vía capaz de conectar estes territorios cun porto de tanta importancia como o de San Cibrao, cuxo potencial económico e turístico xera un aumento exponencial do tráfico na zona durante certos períodos do ano. Lembran que o Goberno tombou de maneira sistemática as emendas presentadas polo Partido Popular que incluían o mantemento da cantidade consignada por Mariano Rajoy.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



