A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo participou na inauguración da XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, en Xermade, que celebrou hoxe o primeiro encontro
Lugo, 28 de maio de 2022. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado na inauguración das XVIII Xornadas Interxeneracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores na Casa-Escola de Cabreiros, en Xermade. No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Xermade e Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas; o presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros, Xosé Manuel Felpeto Carballeira, e o profesor de pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Jesús Rodríguez Rodríguez.
García Porto destacou a importancia de que a perspectiva interxeracional sexa un elemento indispensable no deseño de políticas públicas centradas no benestar das persoas. “O contacto de novos e de maiores é unha canle privilexiada de transmisión de información. Máis aínda no rural. As persoas maiores son como unha biblioteca viva que recolle un enorme conxunto de saberes valiosos. Dende a Deputación de Lugo entendemos esta forma de entender as políticas públicas, e así o demostramos”, sinalou a Deputada.
Como exemplo, García Porto lembrou a rede de centros públicos de atención a maiores que ten implantada a institución provincial, “un modelo de pequenas residencias, integradas nos pobos e nas vilas, que manteñen o arraigo, que poñen no centro ás persoas, aos nosos maiores, o seu coidado, a súa dignidade, e tamén o seu saber e a súa experiencia”.
A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo puxo en valor a organización das Xornadas Interxeneracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores, unha iniciativa que, coas súas dezaoito edicións, “ten convertido a Xermade nun punto de referencia na reflexión e intercambio de experiencias acerca da convivencia no rural entre os maiores e os máis novos” e que “pon en evidencia algo que non nos cansamos de repetir na Deputación, que o noso rural non está baleiro, senón que está cheo de ideas e de propostas. O que necesitan son políticas públicas para saír adiante”.
As xornadas de Cabreiros arrancaron hoxe abordando as necesidades de autosuficiencia no agro, e continuarán os días 4 e 11 de xuño con relatores que tratarán os modelos de vivenda, o emprendemento ou a saúde emocional, entre outros temas.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



