O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que este tipo de fondo está operativo xa noutras deputacións, como son as de Badaxoz, Sevilla e Huelva
Lugo, 25 de maio de 2022. A estas alturas, está sobradamente demostrado que o único criterio que ten a Deputación de Lugo para financiar anticipos de toda índole aos concellos da provincia é o mero interese político. Así ocorreu co Concello de Pol, ao que lle foi concedido, mentres que outros concellos viron como se lles denegaba. Á vista desta situación, o portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, anuncia que o grupo provincial popular presentará unha moción no próximo pleno para que a Deputación de Lugo constitúa un Fondo Extraordinario de Anticipos Reintegrables, algo que xa existe noutras deputación como as de Badaxoz, Sevilla e Huelva.
O fondo cuxa creación propón o PP estará rexido por unhas bases claras, con criterios obxectivos e consensuados. Así, segundo explica Castiñeira, os concellos de menos de 20.000 habitantes, que son os que máis dificultade teñen para acceder a financiamento, terán unha fonte de financiación provincial que lles permitirá acceder a subvencións, investimentos e operacións de crédito e tesourería, en igualdade de condicións que os concellos grandes, e tamén poder facelo sen custos engadidos.
Castiñeira sinala: “Dende o grupo provincial do PP avogamos pola transparencia e a seguridade xurídica. Así o fixemos cando solicitamos o Plan Único; no caso do financiamento será moi importante para que todos os concellos poidan obter da Deputación de Lugo un servizo máis, dentro do que é a maior competencia que ten a Deputación, que é a cooperación cos concellos”. Engade: “Estamos cansos de que o dedo do presidente ou o dos seus socios do BNG sexan decisivos para que un concello poida recibir da Deputación un dos seus servizos, como está pasando coas estradas, cos convenios de obras, cos encargos a Tragsa, co Parque Móbil, e, como denunciamos en días pasados, co financiamento a modo de anticipos”.
O portavoz popular explica que na moción se indica que nas bases “deben primarse as liñas que favorezan o asentamento de poboación no medio rural e a creación de emprego e actividade nos concellos máis pequenos, que é a razón de ser das deputacións provinciais”.




















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



