Ribadeo, 10 de maio de 2022. O Boletín Oficial do Estado publica hoxe as bases da convocatoria para a creación de varias prazas de persoal laboral fixo descontinuo no Concello de Ribadeo. Son 15 postos de socorrista, un xefe de equipo, tres técnicos de emerxencias e 5 informadores/as turísticos/as. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días contados a partires de mañá. O alcalde, Fernando Suárez, destacou que Ribadeo é dos primeiros Concellos en aplicar a vixente reforma laboral.
O rexedor explicou que “no día de hoxe sae publicado no Boletín Oficial do Estado o anuncio para a convocatoria de prazas de laboral fixo descontinuo para un total de 16 socorristas para a época estival, deste ano e do futuro. O período de traballo son 2 meses e medio e o salario bruto por mes dos socorristas é de 1.326 euros e o do xefe de socorristas será de 1.530 euros”.
Suárez Barcia dixo: “ábrese agora un prazo de 10 días hábiles a partir de mañá para que todos os aspirantes poidan facer a solicitude para presentarse ás probas”.
O alcalde subliñou que “debemos dicir unha vez mais, que somos dos primeiros por non dicir o primeiro Concello en aplicar a vixente reforma laboral polo que tivemos que facer estables no tempo todas aquelas prazas de traballos que se viñan convocando con periodicidade, pero dun xeito estable, como neste caso son os socorristas. Agora, logo deste proceso, aqueles homes e mulleres que pasen estas probas, non terán que volvelas repetir para o vindeiro ano, pois serán precisamente iso: persoal municipal con carácter de laboral fixo descontinuo”.
E engadiu que “quixemos apurar todos os prazos previos, para que todo este persoal poida estar operativo para primeiros de xullo”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



