Burela, 24 de maio, 2022. A Delegación Municipal de Cultura a través da Bibllioteca Pública Municipal de Burela, organizaou o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello sobre o tema: “O que pasa ao meu arredor”. Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes? Podes contalo… O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa.
Os mozos e mozas do presente son axentes fundamentais do cambio con novos enfoques para lograr que no futuro o noso planeta sexa un mundo mellor.
Os gañadores nesta fase local foron:
NARRACIÓNS:
CATEGORIÍA “B” ( 9-11 anos):
-1º premio: UXÍA NÍÑEZ GÓMEZ. (9 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: JIMENA GARCÍA FRA (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: AINARA ÁLVAREZ CARRAL (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORÍA “C” (12-16 anos):
-1º premio: ANA LESTAO BEN (14 anos) IES PERDOURO.
-2º premio: DAVID REY CAO (12anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: ALEXANDRA CAYO RIVERA (12 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
DEBUXO:
CATEGORÍA “A” (ata 8 anos):
-1º premio: ALDARA NIÑEZ GÓMEZ (5 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: YOEL MASEDA PARDEIRO ( 6 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: ÓSCAR DÍAZ PERNAS (7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
CATEGORÍA “ B” ( 9-11 anos):
-1º premio: ÚXIA NÍÑEZ GÓMEZ (9 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio:AINARA ÁLVAREZ CARRAL(11a) CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: CLAUDIA RUBAL ÁLVAREZ (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORÍA “C”(12-16 anos):
-1ºpremio: ANA LESTAO BEN (14anos) IES PERDOURO.
-2ºpremio: VERONICE SILVA MONTEIRO (12 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-3ºpremio: DANIEL DA MOURA PEREIRA (13 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro xoves, 26 de maio ás 19:00 horas, na SALA DE ARTE da Casa da Cultura de Burela.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



