O persoal inicia este xoves un calendario de folgas e mobilizacións en defensa dos empregos
Viveiro, 22 de xuño de 2022. Na primeira reunión da comisión de negociación do expediente de mobilidade xeográfica formulado por Albo, a CIG volveu reclamar a continuidade da actividade na fábrica de Celeiro e o mantemento de todos os postos de traballo. Ademais, a CIG demanda unha intervención decidida da Xunta de Galiza para evitar este novo golpe ao emprego e á industria na comarca da Mariña.
Permitir que o grupo empresarial Shanghai Keichuang consume o seu plan de peche suporía rematar coa historia dunha factoría que leva funcionando dende 1924, deixar na rúa a 42 persoas, a maioría traballadoras nunha idade de difícil reinserción no mercado laboral, e afondar no proceso de desmantelamento industrial que vive a comarca.
“A mobilidade xeográfica que formula Albo non constitúe ningún tipo de alternativa para o 90% das traballadoras, para elas a decisión empresarial vai ser traumática e non poden asumir este cambio a máis de 270km dos seus fogares polo custe económico que lles carrexa, polos baixos salarios que se cobran e polas propias situacións familiares e persoais de cada unha”, apunta Susana Riveira, da CIG da Mariña.
Pola contra, Riveira insiste na viabilidade da factoría de Celeiro, que ten carga de traballo abondo para soster os niveis de empregos actuais e unha situación xeográfica privilexiada, ao lado de dous importantes portos pesqueiros. A este respecto, engade que os preto de cen anos de historia da planta poden supor incluso un plus de imaxe para a empresa pola confianza que xera nos mercados e nas persoas consumidoras.
“A empresa ten unha responsabilidade social co seu persoal e con esta comarca, apelamos aos bos resultados e reclamamos á dirección que desista do seu plan de peche”, subliña.
A Xunta ten que actuar
Nesta liña, a representante da CIG tamén insta a Xunta de Galiza, nomeadamente as consellarías de Economía e de Emprego, a que tome parte neste conflito e traballe activamente para garantir a continuidade da actividade produtiva e dos postos de traballo. “A Xunta ten que ter interese en que non que non se perdan estes 42 postos, maioritariamente femininos, nunha comarca e un concello tan castigados nos últimos anos”, valora Riveira.
Abundando neste punto, a CIG da Mariña aféalle ao Goberno galego que non teña tomado contacto aínda coa representación do persoal e de igual xeito lamenta que a alcaldesa do Concello de Viveiro tampouco teña contactado até agora coa representación das traballadoras no obxectivo de facer unha fronte común na defensa dos postos de traballo.
Calendario de folgas e mobilizacións
Así as cousas, as traballadoras e traballadores non se resignan e veñen de acordar un calendario de mobilizacións coincidindo co período de negociación do expediente de mobilidade. A primeira protesta terá lugar mañá, xoves 23 de xuño, cunha concentración diante da fábrica de 15h a 15:30h.
Para os días 27 e 29 de xuño e 4 e 6 de xullo están convocados paros parciais de dúas horas que se desenvolverán das 10h ás 12h. Ademais durante as horas de folga faranse as seguintes mobilizacións:
Luns 27 de xuño, manifestación dende a conserveira de Albo até a estatua de homenaxe á Xente do Mar.
Mércores 29 de xuño, concentración diante da fábrica.
Luns 4 de xullo, concentración diante da fábrica. Ás 20h, concentración no Concello de Viveiro.
Mércores 6 de xullo, concentración diante da fábrica.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



