Sete entidades do Páramo, Cervo, Lugo, Lourenzá, Pedrafita do Cebreiro, Vilalba e Ribeira de Piquín participan dende hoxe ata o venres nas viaxes gratuítas da institución provincial que buscan dinamizar o turismo, a hostalería e o comercio
Lugo, 14 de xuño de 2022. Sete entidades de toda a provincia participan dende este martes ata o venres no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos do Páramo, Cervo, Lugo, Lourenzá, Pedrafita do Cebreiro, Vilalba e Ribeira de Piquín os que participen nas viaxes gratuítas impulsadas pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos concellos lucenses e dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
Os percorridos levarán á veciñanza durante estes catro días a concellos da Ribeira Sacra, como Taboada, Chantada, Sober, Monforte, O Saviñao e Sober, pero tamén descubrirán Burela e Foz.
A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Alborada de San Cibrao, en Cervo, é a primeira entidade participa esta semana no programa provincial. O colectivo cervense percorreu o Pazo de San Marcos e parte do patrimonio románico de Taboada e Chantada e achegouse a unha adega desta subzona.
Usuarios e usuarias de Auxilia Lugo coñecerán mañá mércores o traballo da Produtora do Servizo de Audiovisuais da institución provincial e os concellos de Sober e Monforte. Nestes municipios poderán ver unha adega, a Ribeira Sacra dende un dos seus miradoiros e o río Sil dende o catamarán da Deputación de Lugo. Na mesma xornada, a Asociación de Veciños, Sociocultural e Medioambiental de Santo Adrao, de Lourenzá, realizará unha visita ao Pazo de San Marcos e ao patrimonio da Ribeira Sacra dende o concello do Saviñao, co paradas en Cabo do Mundo ou no Ecomuseo de Arxeriz.
Xa o xoves, o alumnado do Colexio Público de Pedrafita visitará Burela e Foz tras realizar unha parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais, onde coñecerá o traballo que se leva a cabo nestas dependencias da Deputación de Lugo. Nos concellos mariñáns pasearán polas praias de Foz ou o porto burelao, ademais de visitar a Basílica de San Martiño de Mondoñedo. Tamén ese día, a Asociación de Veciños da Parroquia de Santiago de Sancovade, de Vilalba, fará un percorrido polo Pazo de San Marcos e descubrirá os recursos naturais e patrimoniais de Monforte e Sober.
A Asociación Mulleres Rurais do Chao, de Ribeira de Piquín, e a Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller, de Lugo, pecharán esta semana as viaxes do Coñece a túa provincia. O colectivo de Ribeira de Piquín fará un percorrido polo Mazo de Santa Comba e coñecerá tamén os concellos de Sober e Monforte, mentres que o lucense, visitará a Produtora da institución provincial antes de poñer rumbo ao Saviñao.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este martes aos veciños de Cervo na súa visita ao Pazo de San Marcos, onde destacou o éxito do programa Coñece a túa Provincia, co que “buscamos apoiar a actividade do sector turístico, hostaleiro e comercial, e, ao mesmo tempo, consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”.
Polo turismo de proximidade
Máis de 3.000 persoas de 135 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada do Coñece a túa Provincia. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro.
O programa inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas son realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



