O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde en Ribadeo, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño
Ribadeo, 1 de xuño de 2022. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Ribadeo xunto á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) nunha xornada informativa para comunicar aos comerciantes da vila e da comarca da Mariña a nova convocatoria de apoios por 6 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e a modernización do comercio galego de proximidade e do sector artesán. Este programa de axudas, do que se poden beneficiar pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns, incrementa nun 20% o seu orzamento con respecto ao ano pasado.
Tal e como explicou Heredia no encontro, organizado en colaboración coa CEL no marco da iniciativa Conecta Lugo, a través desta proposta, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño, búscase apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite todas as oportunidades tecnolóxicas e do contexto actual para conectar co cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada, adaptada ao novo consumidor. O obxectivo é que a mobilización público-privada acade os nove millóns de euros.
O programa, cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, inclúe dúas liñas de actuación. A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do posicionamento previo dos beneficiarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física. Entre as actuacións subvencionables inclúense a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de márketing dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas que se poden obter neste apartado é de 17.600 euros. Por outra banda, a través da liña de modernización, pódense obter apoios de ata 5600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.
Os artesáns galegos teñen tamén ao seu dispor o programa de axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia, dotado con 265.000 euros. Esta convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xuño, inclúe apoios de ata 8000 euros para os obradoiros artesanais que participen en feiras nacionais ou internacionais. Os concellos e as asociacións profesionais e empresariais artesanais que organicen feiras no ámbito de Galicia poderán obter axudas de ata 15.000€ e 18.000€, respectivamente.
Pola súa banda o voceiro popular ribadense, Daniel Veg,a considera “fundamental a colaboración entre a administración e os distintos sectores” e subliña que “o sector comercial é moi importante para Ribadeo”. Polo tanto, define como “moi importante” a xornada informativa celebrada en Ribadeo, dentro do programa Conecta Lugo da Xunta de Galicia e a CEL, para informar e asesorar de todas as subvencións dirixidas ao comercio que a administración autonómica mantén abertas. Nese sentido, avanza que “o Grupo Municipal Popular seguirá traballando para que se desenvolvan máis encontros deste tipo ao longo do ano en Ribadeo”.
O popular considera “necesario” ofrecer “información e asesoramento” sobre as axudas aos distintos sectores para que se poidan ver beneficiados e explica que “a xornada tamén serviu para poñer de manifesto a necesidade de reducir a burocracia á hora de solicitar as subvencións”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


