Desde o Concello afirman que este é un paso máis para conseguir a oficialización por parte da Xunta de Galicia deste trazado como unha das Rutas Xacobeas a Santiago
Burela, 13 de maio de 2022. O Concello de Burela xa conta co selo oficial do Camiño do Mar, un trazado que pasa pola localidade e recoñecido pola Igrexa Católica. Os peregrinos poderán pedir o selo tanto no Concello como na Oficina de Turismo, que xa estreou este distintivo cunha parella de peregrinos australiana. A luz do faro no selo debuxa unha cuncha de vieira, como os sinais que se atopan nos camiños de Santiago e serven de guía, cun torques que representa o noso pasado castrexo.
Ao carácter oficial e de recoñecemento eclesiástico deste camiño como unha das Rutas Xacobeas a Santiago, “deberá sumarse a oficialización por parte da Xunta de Galicia deste trazado que transcorre por toda a costa da Mariña Lucense e boa parte da Costa Ártabra, pasando en Burela polo Camiño Real a Sargadelos e pola Igrexa da Vila do Medio, un revulsivo económico, cultural e social para a localidade”, afirman desde o Concello.
O Camiño do Mar é unha antiga variante xacobea do Camiño do Norte, caída en desuso, e que se está a recuperar seguindo fielmente os documentos da época que a recollen. Desde Ribadeo, as peregrinas e peregrinos continúan bordeando o Cantábrico e o Atlántico, alcanzando outra ancestral meca de peregrinación, Santo André de Teixido, antes de enlazar co Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Deste xeito, ofrecíaselles a oportunidade de peregrinación a dous apóstolos.
O selo oficial do Camiño do Mar supón un paso máis na súa promoción como aliciente turístico, non só para Burela, senón para toda a Mariña, situando esta ruta como unha opción máis, visibilizando o percorrido, as paisaxes, historia, patrimonio, e, en definitiva, “situando o Camiño do Mar como unha opción atractiva para realizar a peregrinaxe a Santiago de Compostela”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



