Montserrat Prado rebate o “falso relato” do Sergas sobre xs profesionais: faltan porque non lles ofrecen condicións dignas como si fan noutros sitios
Santiago de Compostela, 14 xuño 2022. A portavoz nacionalista de Sanidade, Montserrat Prado, acusou á Xunta no Parlamento galego de insistir en crear falsos relatos sobre a situación sanitaria en Galiza cando a Atención Primaria se atopa nunha situación que cualificou de “auténtica alerta sanitaria”, consecuencia de 13 anos de recortes do Goberno do PP.
“A falta de profesionais non é froito da caída dun meteorito nin tampouco dun tsunami que levou por diante a todos e todas as médicas, é consecuencia de 13 anos de recortes inmisericordes do seu Goberno”, recriminou ao conselleiro de Sanidade logo da súa comparecencia no Parlamento galego.
Neste sentido, Prado recordou que o BNG xa defendeu iniciativas parlamentarias en 2014 para urxir á Xunta a articular medidas fronte ás xubilacións inminentes no sistema sanitario galego e moitas outras ao longo dos últimos anos para que actuase de igual xeito fronte á precariedade do persoal sanitario, iniciativas todas elas rexeitadas polo PP.
“Levamos anos advertindo de que isto ía acontecer e pedíndolles que tomaran medidas e non quixeron; non quixeron porque esa é a folla de ruta, reducir a sanidade pública para engordar a privada”, reprobou con severidade, logo de recordar que, a día de hoxe, hai na Atención Primaria máis de 700 médicos e médicas, máis de 200 pediatras e máis de 550 profesionais de enfermería a piques de xubilarse, sen que o Executivo do PP planificase o seu relevo.
A deputada do BNG criticou deste xeito o “falso relato” do Sergas de que agora que o problema non é de recursos senón de falta de profesionais, cando é evidente que con menos recursos as condicións laborais do persoal sanitario empeoran e o nivel de precariedade aumenta, o que fai que prefiran outras alternativas que as que se lles ofrecen en Galiza. “En Francia ofrécenlles o dobre de salario, horarios de 08 a 15h, sen quendas de fin de semana e con consultas de 30 persoas como máximo e non como aquí que comezan en 30 e acaban con 60 ou 70; e a vostede sorpréndelle que non queiran quedarse na Atención Primaria galega”, reprendeu.
“As únicas solucións que poñen sobre a mesa son ocorrencias como pisos en Sanxenxo ou baños de bosque, convertendo ademais nunha poxa a necesidade de dotarse de médicos e médicas porque que pasa cos concellos que non poidan ofrecer pisos na praia? Van ter médicos para cubrir ou non?”, cuestionou para criticar a continuación que agora o Sergas lles ofreza ás e aos profesionais “uns incentivos de arredor de tres euros a hora para que asuman o traballo de dous ou tres cupos, para que continúen pola tarde e ademais facer gardas nos PACs”.
Para Prado, é evidente que “a menos orzamento, menos sanidade pública” e, neste sentido, recordou que o orzamento da Atención Primaria de 2022 non só é inferior ao de 2021, senón mesmo ao de 2009 e, nesta liña, recordou que Galiza ocupa a terceira posición pola cola no Estado en investimento en Atención Primaria e en remuneración de persoal, segundo o informe de Asistencia Sanitaria que o ministerio publicou en abril.
“Si é cuestión de cartos; de cartos, de planificación e de non maltratar sistematicamente ás e aos profesionais”, deduciu na súa análise, para concluír reprochando ao conselleiro as cifras sobre coberturas de prazas durante a súa comparecencia. “Os seus datos son cuestión de fe porque nos orzamentos non están; levamos anos reclamándolles un sistema de identificación de prazas para saber cal é a realidade e non o fan porque teríanse que enfrontar a ela e vostede non podería vir aquí a dicir o que lle dá a gana”, rematou. Montserrat Prado rebate o “falso relato” do Sergas sobre xs profesionais: faltan porque non lles ofrecen condicións dignas como si fan noutros sitios





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



