Viveiro, 28 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro facilita hoxe o uso de diversas instalacións municipais para acoller, por segundo ano no municipio, os exames oficiais de “Cambridge Assessment English” que realiza a Universidade de Cambridge para acreditar o nivel de coñecemento de lingua inglesa para nenos e nenas en idade escolar.
As probas teñen lugar na sala multiusos da casa do concello e en tres aulas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. O exame reúne a 77 aspirantes de primaria e secundaria, para ser examinados de tres niveis diferentes: Movers, Flyers e B1, correspondentes aos grados A1, A2 e B1 do Marco Común Europeo de Referencia da Lingua.
As probas están realizadas por un centro examinador autorizado para a súa realización, cuxo equipo de examinadores oficiais vela por un correcto desenvolvemento das mesmas.
Clara Martínez, responsable da academia English Time, centro preparador oficial de Cambrigde, destaca a importancia da realización destas probas en Viveiro, facilitando o acceso ás familias ás mesmas. Segundo afirma, “é moi positivo que o concello ofreza por segundo ano consecutivo a posibilidade de realizar aquí estes exames, agardando que o noso municipio poida consolidarse como lugar de referencia para a celebración de vindeiras edicións”.
Dende o Concello de Viveiro valórase moi positivamente que os exames de “Cambridge Assessment English poidan celebrarse por segunda vez en Viveiro, evitando que os alumnos se teñan que desprazar, polo se prestou a colaboración necesaria coa organización facilitando o uso das catro salas nas que se celebrarán os exames.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



