As traballadoras/es rexeitan o plan de peche da empresa e reclaman feitos á Xunta de Galiza
Viveiro, a 7 de xullo de 2022. Traballadoras e traballadores de Albo manifestáronse esta tarde dende a fábrica en Celeiro até os xardíns de Noriega Varela de Viveiro en demanda do mantemento dos empregos na Mariña e pola continuidade produtiva da última conserveira que queda en activo na comarca. Máis unha vez, a veciñanza ten que saír á rúa mobilizarse contra o peche doutra empresa e para reclamar o seu dereito a poder vivir e traballar dignamente na Mariña.
No manifesto lido polas delegadas ao remate da mobilización, na que tamén participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, rexeitouse o plan de peche da empresa e amosouse a firme disposición das traballadoras e dos traballadores a loitar para conservar os seus empregos en Celeiro. “Un traslado a estas alturas das nosas vidas, e despois do que levamos traballado, sacrificado, suado e mesmo sufrido nesa fábrica é unha indignidade”, denunciaron.
Para máis inxustiza, a empresa, propiedade do grupo Shanghai Keichuang, ofrece unhas condicións para o traslado a Salvaterra inasumíbeis e presentou unha proposta de indemnizacións totalmente cativeiras que non recoñecen en absoluto a entrega e o esforzo do persoal durante todos estes anos.
Unha planta viábel
Fronte ao peche e ao traslado da produción, a CIG continúa defendendo a viabilidade da factoría na Mariña, xa que ten carga de traballo abondo para manter os actuais niveis de emprego, resulta viábel economicamente (segundo afirmacións da propia compañía) e dispón dunha localización privilexiada a carón de dous portos pesqueiros de referencia: o de Celeiro e o de Burela. Como ben destacou o secretario da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro, “temos o bonito e temos a pescada pero non temos conserveiras”, en referencia ao feito de que o peche de Albo suporá a desaparición definitiva deste sector na comarca.
Nesta mesma liña, Susana Riveira, da Executiva local da CIG, engade que os preto de cen anos de historia da planta constitúen un plus de imaxe para a empresa pola confianza que xera nos mercados e nas persoas consumidoras. De igual maneira, advirte que con esta decisión empresarial se está deixando fóra do mercado laboral a moitas traballadoras, nunha idade ademais que dificulta a súa recolocación noutros sectores.
Por iso, na manifestación deste xoves lanzouse un novo chamamento á Xunta de Galiza para que faga “algo máis que declaracións de intencións” e traballe arreo na busca de alternativas que permitan manter a actividade e os empregos no curto prazo; e neste senso que concrete se existe realmente algunha empresa interesada en continuar coa produción en Celeiro, e baixo que condicións. Na protesta criticouse tamén a falta de implicación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que esta semana estivo pola Mariña “pero non debeu ter un oco na axenda para interesarse pola nosa situación”.
Así as cousas, as traballadoras e os traballadores quixeron agradecer a solidariedade amosada pola veciñanza, no firme convencemento de que só a través da loita “poderemos conseguir que as declaracións de intencións se convertan en feitos” e que a empresa vexa “que non imos aceptar que trunquen así as nosas vidas”. “Porque entre todas e todos imos conseguir que en Celeiro Albo teña solución”, concluíron.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



