O conselleiro do Medio Rural mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde para coñecer as demandas e necesidades deste concello
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022.- O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Abadín, José María López, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades dos veciños deste concello lugués relativas ao agro. Así, González avanzoulle que este ano decretarase unha nova zona de concentración parcelaria, concretamente a de Moncelos.
Así, o conselleiro sinalou que o novo proceso permitirá reorganizar unha superficie total de 813 hectáreas, que actualmente conta con 3.285 parcelas propiedade de 630 veciños. Coa posta en marcha da nova parcelaria, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, mellorarase a estrutura territorial da zona, o que permitirá ampliar a base territorial das granxas da contorna e, polo tanto, reducir os seus custos de produción.
Sobre isto, o titular de Medio Rural trasladoulle ao rexedor que as novas concentracións teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións.
Novos instrumentos de mobilización de terras
Durante a xuntanza, José González explicoulle as ferramentas que desenvolve tamén a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a cal amplía o abano de instrumentos destinados á mobilización e recuperación da terra agraria e proporcionando novos procedementos e medidas para loitar contra o abandono das terras e poñer base territorial a disposición daquelas explotacións que a precisen.
Así, a Lei de recuperación inclúe mecanismos de mobilización como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras. Neste senso, cabe sinalar que a día de hoxe xa son 15 os polígonos agroforestais iniciados -ou en proceso- e 19 as aldeas modelo declaradas. En total, son máis de 5.000 hectáreas de terreo a recuperar.



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.


