Ribadeo, 27 de xullo de 2022. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a entrega de diplomas aos participantes no obradoiro dual de emprego Ribadeo prepara o teu Camiño, que se desenvolveu entre o 15 de outubro de 2021 e o 14 de xullo deste 2022. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Vizoso Galdo lembrou que “o obxectivo principal deste obradoiro foi o de contribuír a mellorar a ocupabilidade dos seus 20 alumnos/as – traballadores/as, que ata a súa incorporación ao proxecto se atopaban en situación de desemprego”. E subliñou: “tratouse dunha programación dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade na especialidade formativa de Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos e na especialidade de Xestión de marketing e comunicación”.
O concelleiro ribadense dixo que “o alumnado deseñou unha aplicación para a distribución e comercialización do paquete de servizos e produtos para o peregrino; deseñou, planificou e desenvolveu diferentes produtos audiovisuais; deseñou unha estratexia de marketing e comunicación dixital para reforzar a marca Ribadeo alén do Camiño e desenvolveu o programa Ribadeo prepara o teu camiño”.
E engadiu: “este obradoiro dual de emprego ven pechar unha liña de traballo impulsada desde o Concello de Ribadeo hai catro anos e que buscaba promocionar e poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo co fin de consolidar ao municipio como a porta de entrada do Camiño Norte”.
O alcalde, Fernando Suárez, indicou que “o traballo realizado nos vai servir para mellorar como estamos mellorando nestes últimos anos en políticas de turismo. Outros compañeiros vosos, noutros obradoiros, fixeron traballos en orixe para captar a atención dos que poderían vir velos, e vosoutros facédelo en destino, para que non se perdan, para que queden agradados, para que vexan onde hai iniciativas, que se pode ver, que se pode facer, e todo isto fóstelo facendo vosoutros e é algo que vai quedar”.
O rexedor manifestou: “supoño que algúns de vos teriades algo de experiencia nisto, para outros sería algo totalmente diferente, pero que seguramente puidéstesvos reciclar, abrir a mente a outro tipo de destinos profesionais, laborais, non sei si agora algún de vos faredes unha inmersión laboral noutro tipo diferente pero en todo caso, fagades o que fagades, espero que isto vos servira… Así que agardamos que vos vaia moi ben e aproveitade toda esta formación e toda esta titulación que levades”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



