Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as frores e as prantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía. No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada pranta e flor xunto coas características botánicas das mesmas, e a fotografía de cada unha, nun formato moi atractivo e sinxelo. Miguel Fraga Vila foi o encargado das excelentes fotografías que o nutren e María López Sández do texto.
![O venres (21 H) conversa na libraía Bahía con María López Sández, autora recén ingresada na RAG, e Miguel Fraga Vila, fotógrafo. Ambolos dous xunto con María Isabel Fraga Vila son os autores do libro 'O Herbario de Rosalía'](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/07/CartelHerbario-scaled.jpg)