Propoñen abrir un proceso de diálogo cos profesionais para deseñar conxuntamente ofertas de emprego con criterios de discriminación positiva no deseño das OPE, e que se comprometa a convocar todas as prazas MIR adxudicadas
Lugo, 22 de xullo de 2022. O Partido Socialista denuncia o panorama desolador da Atención Primaria na provincia de Lugo, que a Xunta ten baixo mínimos, co conseguinte prexuízo para os veciños e veciñas, e propón solucións. Por iso, o grupo provincial do PSdeG na Deputación de Lugo reclamará ó Goberno galego no vindeiro Pleno a través dunha moción que adopte medidas inmediatas, “como unha convocatoria extraordinaria de especialistas en medicina de familia para resolver as deficiencias xeradas no sistema sanitario, sobre todo durante o verán”.
O PSdeG solicita “que se cubran as baixas, os períodos de vacacións e as xubilacións, e que se remate a práctica de parcheo consistente en pechar puntos de atención médica nuns sitios para derivar ó seu persoal a outros centros, como aconteceu na nosa provincia. Concretamente o Executivo do PP pechou os centros de saúde de Castro, en Carballedo; o de Parga, en Guitiriz; o de Castro de Rei; e o de Baamonde, en Begonte, como xa denunciamos no Parlamento con diversas iniciativas. Esta é a caótica situación sanitaria que nos deixa o PP”, insisten.
Exemplo de Cervo
Así mesmo, lembran os casos recentes de Cervo, Sarria e Barreiros, onde os veciños e veciñas se están mobilizando para reivindicar uns servizos suficientes e dignos. No caso de Cervo, o centro de saúde de San Cibrao tiña tres médicos, pero fóronse xubilando e só queda un; mentres o centro de Cervo tamén ten só un médico. Agora, a Xunta pecha dous días á semana o centro de Cervo, para que o seu médico vaia a San Cibrao e obriga a todos os pacientes a desprazarse alí. “Este é o modelo do PP, parchear, recortar sen aportar medidas e solucións eficaces e estruturais”, afirman dende o PSdeG.
Proceso de diálogo cos profesionais
O partido explica que a través da propostas que levarán ó Pleno da Deputación queren que se abra un proceso de diálogo cos profesionais do sistema sanitario “para deseñar conxuntamente ofertas de emprego con criterios de discriminación positiva no deseño das OPE, co fin de cubrir as prazas que necesitan tanto os hospitais comarcais como o conxunto de centros do sistema sanitario no rural”; que se abra un proceso de diálogo co persoal titor para incrementar o número de prazas de formación que oferta Galicia e que a Xunta se comprometa a convocar todas as prazas MIR convocadas polo Goberno do Estado.
Sobreesforzo do persoal sanitario
O Grupo Socialista da Deputación de Lugo quere deixar constancia unha vez máis da profesionalidade e do sobreesforzo de todo o persoal da sanidade pública lucense e galega. As súas demandas, coma as queixas que presentan os e as pacientes, non poden ser ignoradas por un executivo autonómico que carece dun modelo sanitario racional que de resposta ás necesidades da poboación de Lugo.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



