Burela, 3 de agosto, 2022. Desde o ano 1998, case á par do nacemento da nosa entidade, “Saúde Mental A Mariña” (1999), o IES Monte Castelo vén participando en proxectos internacionais que, na actualidade, se engloban no programa Erasmus Plus. Amplas e diversas son as temáticas de índole social, emocional, cultural… que veñen traballando nestes máis de 20 anos nos que, incluso, se barallou a posibilidade de participar nunha destas experiencias para a internacionalización da aprendizaxe que agora, entre o 24 e o 31 de xullo se fixo realidade coa miña viaxe a Potenza, Italia.
“Segunda oportunidade” é o Proxecto Erasmus Plus para persoas adultas deseñado polo IES Monte Castelo, que por primeira vez desenvolve este programa con alumnado de Bacharelato de Adultos, o que vén a completar a súa oferta de programas internacionais en todos os niveis educativos. A saúde física e mental, a economía circular e o coidado do medioambiente, a inclusión e a integración son os seus piares, cuestións tamén prioritaritarias no día a día da nosa entidade, “SAÚDE MENTAL A MARIÑA” , e que nesta mobilidade puidemos abordar desde múltiples perspectivas: o IES Monte Castelo fixo coincidir a “Segunda oportunidade” coa aprendizaxe por observación do seu Erasmus Plus de Educación Superior. A Directora do Instituto Monte Castelo, Carmen Castelao, e a Orientadora, Victoria Pérez, participaron nun job shadowing en hospitais, residencias para a terceira idade, centros residenciais para persoas con patoloxías mentais, un centro deportivo e dúas ONG nas que o alumnado de Formación Profesional do centro burelés fai cada curso as súas prácticas no marco dos programas Erasmus. Evidentemente, esta era pois, unha oportunidade única para min, María José Nóvoa, Xerente e Directora Técnica Xeral de Saúde Mental A Mariña, para coñecer de primeira man como se traballa noutro país, de que recursos se dispón, como os xestionan, que novas terapias están a desenvolver e cales son os seus resultados.
En Universo Salute Don Uva, puiden ver como é o día a día nun macro centro residencial para persoas con enfermidades mentais , onde os pacientes están separados por sexos, son habitacións de seis e a comida é de servizo cátering, que moito dista do trato individualizado que damos nos nosos seis centros espallados pola nosa comarca.
Pola contra, nas Casas di Riposso Il Abbraccio e Il Sorriso a acollida da xerencia e dos usuarios foi tan cálida e emotiva como enriquecedora , en ambos dispositivos a atención é dunha vintena de pacientes, as habitacións son dobres e polo tanto a atención individualizada.
A profesionalidade, rigor e atención da Directora Sanitaria do Hospital Rexional San Carlo de Potenza foron clave para preguntar como tratan ás mulleres vítimas de violencia de xénero con patoloxía mentais, intercambiar experiencias e abrir camiño a colaboracións futuras

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



