O delegado territorial da Xunta visitou hoxe os traballos arqueolóxicos, que datan a embarcación entre os anos 1050 e 1260 e que sería utilizada para cruzar a ría en lugar de rodear ata Vegadeo ante a ausencia de pontes
Ribadeo, 30 de agosto de 2022. A campaña arqueolóxica que impulsa a Xunta de Galicia no porto de Ribadeo vén de descubrir un achado excepcional que permite por primeira vez vincular o mito xacobeo a un elemento material de transporte empregado na peregrinación a Compostela.
Trátase dunha peza lonxitudinal de madeira labrada en forma de L, que estaba profundamente incrustada no sedimento e que é parte dunha barca medieval de pasaxe que tería a súa base en Ribadeo, aínda que non se descarta que pertencera á ribeira asturiana.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá os traballos arqueolóxicos, e destacou que “este achado, descuberto grazas á campaña arqueolóxica que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a levar a cabo na ría de Ribadeo, é importantísimo xa que aporta probas do transporte usado na peregrinación a Compostela”.
Os estudos determinan ademais que se trata en concreto de todo o costado e o pantoque da embarcación -a parte inferior case plana– monóxila, e que foi construída entre os anos 1050 e 1260 da nosa era. Era utilizada para cruzar a ría en lugar de facer un rodeo ata Vegadeo ante a ausencia de pontes.
O porto de Ribadeo foi canle de entrada de peregrinos debido á súa vinculación a San Julián o Hospitalario e á creación dun hospital para atendelos. Na Légende de Saint Julien, escrita cara a 1260, Julián aparece como peregrino a Santiago e outros santos lugares tras escapar da súa casa en Angers. É precisamente a este momento ao que corresponde a datación obtida polos análises de carbono 14 realizados.
O atractivo das lendas no Camiño fixo aumentar a ruta de peregrinación por este punto da costa. Ademais en setembro de 1260 fíxose unha doazón para, entre outros fins, establecer un barqueiro en Ribadeo que dese paso gratuíto na ría, facilitando así o barqueo neste punto.
Características
A peza atopada está tallada con ferramentas metálicas tipo aixola, dun único tronco de madeira de carballo. Mide 727 cm de lonxitude, sendo o brazo vertical de 20 cm no exterior e de 19,5 cm a parte interior do brazo inferior da L. O espesor da madeira oscila entre os 6,3 e os 5,6 cm. As esquinas, tanto interior como exterior son curvas.
A embarcación estaría composta, cando menos, por outra peza simétrica á esta que pecharía o vaso na outra banda. Tampouco se descarta a existencia dunha, o máis pezas planas de madeira situadas no fundo da embarcación, que permitiran ampliar a manga e, polo tanto, a capacidade de carga.
O costado atopado finaliza nun estremo nunha zona maciza, non baleirada. O outro estremo remata coa estrutura aberta, estando os bordes cortados en bisel. Esta disposición pode significar que, adherida a este estremo, se puidera atopar un espello que pechase a embarcación, anque tampouco son estraños os casos de embarcacións deste tipo completamente abertas para facilitar o embarque de carga, animais ou pasaxeiros. Segundo isto, a embarcación terminaría nunha popa de sección cadrada, aberta, no senso de embarcacións moito máis primitivas no contexto da Europa Atlántica.
A falta dunha máis profunda observación, non se aprecia a existencia de elementos de unión cunha hipotética traca superior que permitira aumentar o francobordo, ou sexa a altura do costado. Si existen unións dese tipo no fondo da barca, a semellanza de achados realizados no norte de Europa de embarcacións sensiblemente máis antigas que a presente.
Campaña
A campaña arqueolóxica na ría de Ribadeo, que da continuidade a outras realizadas con anterioridade, está promovida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Conta co apoio e colaboración do Institute of Nautical Archaeology, Texas; Texas A&M University; Concello de Ribadeo; Trinity Saint David University, Wales; Maritime Archaeology Trust UK; Armada Española; C.A.S. Costa Lugo; Real Club Náutico de Ribadeo; Real Liga Naval Española; Federación Gallega de Actividades Subacuáticas. Parte da documentación que apoia a investigación débese ao ribadense Alberto Paraje.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



