O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no programa da Deputación de Lugo Saborea a túa provincia que tivo lugar este sábado na Praza do Concello da Fonsagrada. O cociñeiro Pablo Vila, de Oca Hoteles, realizou un brownie de castañas, doce de pera e cumio de noces, que fixo as delicias dos asistentes. O programa completouse con degustacións e os máis pequenos realizaron as súas propias elaboracións en cociñas adaptadas. Atlántica e Illa Pancha puxeron ritmo á xornada.
‘Saborea a túa provincia achega á Fonsagrada os produtos e a gastronomía da provincia de Lugo’
‘Saborea a túa provincia achega á Fonsagrada os produtos e a gastronomía da provincia de Lugo’
Relacionado
-
Vilalba ratifica o seu compromiso coas festas parroquiais tras lograr os fondos necesarios para conceder as axudas ás comisións de festas
-
A Vicepresidencia achegou o fanzine aos colexios de Castroverde, Baleira e A Fonsagrada
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino