Así o anunciou o delegado territorial, Javier Arias, na primeira xuntanza de traballo que mantiveron trala toma de posesión. Fernández é licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Corpo Superior da Administración Xeral galega. Conta con 24 anos de experiencia na administración e ocupou diversos postos de responsabilidade, como os de director provincial de Muface ou secretario territorial da Xunta en Lugo, entre outros. O IGVS, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, é o organismo encargado de desenvolver as políticas de vivenda e promoción de solo industrial en Galicia.
A Xunta nomeou a Marco Antonio Fernández Piñeiro como novo xefe da área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Lugo
A Xunta nomeou a Marco Antonio Fernández Piñeiro como novo xefe da área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Lugo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido