Será cun partido amigable ante o C.D. Foz. Ao remate do encontro haberá gran sardiñada organizada polo club.
Sairá do Concello ás 12,30 e volverá ao mesmo punto tras un percorrido polas rúas Villafranca del Bierzo, Ramón González, Dr. Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e remate de novo no concello. A convocatoria ven do colectivo pola paz da Mariña de Lugo e Occidente asturiano que se concentra todos os domingos nas escaleiras do concello para denunciar todas as guerras no mundo, as carreiras armamentísticas, o risco de guerra nuclear e a posta en valor dunha cultura de paz como patrimonio e dereito das persoas. Ao remate lerase un manifesto esixindo o cese do fogo que é común a outras concentracións que se realizarán en todo o estado.
Durante todo o ano organiza paseos por diferentes vilas mariñás e abertas a todo o mundo, ainda que tamén traballa con grupos pechados. "Agora comezan a chegar as excursións e grupos organizados e xa teño varios tours programados para os vindeiros meses antes do comezo da tempada estival", comenta. Esta focega agradece a boa acollida das visitas "estou ilusionada, encántame a miña profesión e quero continuar con este proxecto. Agora estou diseñando novas propostas de cara a maio e xuño que pronto anunciarei".
As crianzas desfrutaron dun novo xoves de Brincos de Lecer, na Casa da Cultura.
Foi pronunciada por Manuel Rivero, autor do libro “Universo Aurora Sampedro Piñeiro”, sobre a figura desta científica e investigadora barreirense. A actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Xunto a Manuel Rivero estivo o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
Durante o mes de abril teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotógrafica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)" que permitirá coñecer de preto como se vive esta Festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo. Poderase visitar ata o 3 de maio
A gañadora foi Maite Vázquez García, veciña de Viveiro que desfrutará do premio co seu marido e os seus catro fillos, toda unha experiencia en familia. Poderá escoller as datas da viaxe e o destino, o obxectivo é pasalo en grande!. O premio foi entregado esta mañá nas oficinas do CCHV pola Presidenta do colectivo Andrea Porbén, acompañada de Gracia Gonçalves e Belkis Valera membros da Directiva.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, informou a través dun bando de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Cibrao. Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Cibrao, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital