Unha delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo visita Galicia e Asturias para coñecer os plans de descarbonización da industria
Cervo, 20 de setembro de 2022. A delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, presidida polo eurodeputado socialista alemán Jens Geier, continuou este martes o seu percorrido polas compañías enerxéticas galegas.
Os europarlamentarios desprazáronse ata Alcoa para coñecer o traballo que está a realizar a central para sumarse á transición enerxética. A compañía, con case dous mil traballadores, é un dos principais motores económicos da comarca da Mariña.
“Se necesitan soluciones a largo plazo con renovables y a corto, el Gobierno de España las está aportando”, así se refería o eurodeputado Nicolás González Casares ás accións para executar para ter unha industria máis ecolóxica. Unha das medidas que ten o Goberno de España é o sistema alternativo á interrumpibilidad do gas para as empresas gas intensivas.
O relator socialista na Revisión da Directiva de Enerxías Renovables e na Comisión de Transporte e Enerxía, urxiu a necesidade de que Alcoa comece a poñer en marcha os proxectos de carácter renovable acordados para garantir a viabilidade da central e asegurar “una electricidad barata y fiable”. “Los compromisos a largo plazo son los que de verdad van a mantener a esta industria”, insistiu.
Nesta liña, sinalou a présa coa que a Xunta de Galicia debe conceder os permisos pertinentes para que estas iniciativas sexan unha realidade e “haya suficiente potencia para alimentar con energía verde a Alcoa”.
O socialista indicou o beneficioso que podería resultar para a central sumarse ao PERTE para descarbonizar a industria, que se está levando a cabo cunha contía de tres mil millóns de euros procedentes dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español. Unha das múltiples ferramentas que desde España e Europa poñen ao dispor das industrias para impulsar e acelerar a súa transición enerxética.
Na misión participan os eurodeputados Marion Walsmann (PPE, Alemaña), Henna Virkkunen (PPE, Finlandia), Niels Fuglsang (S&D, Dinamarca), Izaskun Bilbao (RE, España), Susana Solís (RE, España), Pilar del Castillo (PPE, España) e Francisco José Millán Mon (PPE, España). Ademais de Alcoa, este martes os europarlamentarios achegáronse ata ENDESA-ENEL nas Pontes. A viaxe continuará este mércores por Asturias para visitar a planta de ArcelorMittal.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



