Despois de numerosas queixas dos veciños e peticións por parte dos populares, o goberno local arranxa algunhas vías “xusto cando falta menos dun ano para as próximas eleccións municipais”, sinalan
A Pastoriza, 20 de setembro de 2022. Os populares advirten que “o goberno local arranxou con gravilla e un pouco rego asfáltico a estrada municipal de Corvelle a Muimenta polos Canaredos que estaba aglomerada”.
Dende o PP local cren que se trata dunha “chapuza” que “non vai servir para arranxar a estrada de forma duradeira e nas condicións na que a precisan os usuarios da vía que son, principalmente, os veciños da zona”. Para os populares é “unha actuación con fins electoralistas máis que coa finalidade de acondicionar debidamente unha estrada moi transitada”.
Despois de numerosas queixas dos veciños e reiteradas chamadas de atención por parte dos populares, o goberno local arranxa algunhas vías das parroquias “xusto cando falta menos dun ano para as próximas eleccións municipais”.
O PP da Pastoriza pide seriedade á hora de arranxar as pistas municipais: “É necesario desenvolver un plan serio con actuacións de mellora e conservación continuado no tempo para evitar que as estradas que os veciños usan a diario cheguen a atoparse nunhas lamentables condicións como se atopan agora boa parte das vías municipais”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



