Lembro os aniversarios porque os apunto. Se non, iso de andar lembrando un ano tras outro unha data determinada do ciclo solar sempre me pareceu algo aleatorio. Así, doulles importancia en xeral porque hai alguén que lla dá e tento sumarme ó seu gozo. Mais, recoñezo que o festexar periodicamente algunhas cousas pode actuar a modo de lembranza positiva, e a pesar da miríada de cousas que se poderían celebrar cada día, de cando en vez, a máis de algún que outro aniversarios, compráceme decatarme dunha desas celebracións periódicas en honra de algo.
Iso me pasou hoxe cando chegou a min que pasado mañá (pasado mañá cando isto escribo) é o día das bibliotecas. Si, o 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas dende o seu establecemento no 1997. E foi hoxe tamén cando, na procura de máis información sobre de onde provén a data, me decato que é pola destrución ese día de 1992 da biblioteca de Saraxevo, vítima da guerra dos Balcáns, e unha xoia non só polo que contiña, senón tamén polo edificio continente dos libros que albergaba. Tiña outros temas rondando na cabeza para escribilos, algún xa comezado, pero o carácter da data fixo que de pronto, un día como outro calquera tomara prioridade.
Como curiosidades, aló polo 2008 tivo a celebración o epicentro na biblioteca Ángel Casal de Santiago e polo 2019 incorpórase o lema ‘aptas para tódolos públicos’, impulsado pola Dirección Xeral do Libro, e que se sumouse á intención anual, que ese ano foi a promoción da igualdade de xénero. O que nos leva a outra curiosidade: ese lema é en España, pois aínda que se celebra en diferentes países, non está coordinado, homologado nin adoptado en todos. Así, en Portugal, celébrase o ‘Día Mundial das Bibliotecas’ o 1 de xullo. No ano 1994 a Unesco emitiu un manifesto sobre a biblioteca pública, documento ilustrativo e con pretensións de guía, pero que non establecía conmemoración algunha.
Volvendo ó tema da querencia das bibliotecas, é dos sitios que procuro visitar cando chego de novas a un lugar. E coido que ata o de agora, non me defraudou nunca. Na última viaxe, as bibliotecas de Carrión de los Condes, de sala única nunha vella casona, edificio recio que exerce como casa de Cultura; a de Calatayud, integrada tamén nunha casona arredor un patio, maior e con diversas dependencias e ambientes; ou a de Teruel, máis grande como corresponde a unha capital provincial, e tamén nun edificio máis suntuoso que ocupa por enteiro, son algunhas das que apreciei ver, coñecer e palpar a súa vida. Vida que indica tamén características da poboación que as alberga.
‘Aptas para tódolos públicos’. Por exemplo, idades diferentes, dende bebés que aproveitan as imaxes que lles pasan e comentan as súas nais e pais, a anciáns que se centran na sala de prensa consultando diversos xornais para tentar seguir o / no mundo. E iso inclúe xente nova que non dispón de lugar adecuado onde estudar na súa casa, ou non ten información en papel ou conexión a internet para acceder a ela e usala, ou sinxelamente, xente que procura na paz das súas salas un lugar onde desfrutar do coñecemento ou a imaxinación.
E é que unha biblioteca non é calquera cousa. E non só iso, senón que lonxe de ser algo neutro ou negativo, é algo en positivo, moi a valorar nos tempos que corren.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



