Lugo, 17 de outubro de 2022. Lourenzá acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, organizada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga) coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Durante a xornada, no recinto feiral laurentino, celebraranse diferentes probas e certames morfolóxicos e de andadura, entre elas, as finais do Campionato Galego Morfolóxico Oficial de Pura Raza Galega de sementais e eguas, e tamén as probas finais do Campionato Galego de Andadura de Cabalo Marchador Galego, nas modalidades serrada e chapeada. O prazo de inscrición para participar nas probas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro.
A feira inscríbese no traballo de conservación e promoción do cabalo de pura raza galega que desenvolve Puraga desde a súa creacion, e incide especialmente na recuperación do cabalo marchador galego que a entidade está a abordar a través dun proxecto específico de selección e cría de poldros marchadores.
A deputada Mónica Freire explicou que “desde a área de Medio Rural da Deputación de Lugo vimos colaborando con Puraga en diferentes proxectos de promoción do cabalo galego ao longo destes tres últimos, desde a busca de vías de comercialización da carne ata o apoio a iniciativas de silvopastoreo, incluíndo tamén feiras e certames coma este que reforzan a visibilidade e o prestixio dunha tradición gandeira moi ligada ao monte e que ofrece grandes posibilidades na conservación dos espazos naturais e na prevención de incendios”
A través da colaboración con Puraga, Medio Rural apoia outras iniciativas de recuperación do cabalo galego como o Concurso de Andadura de Cabalo Marchador Galego, que se celebra mañá martes no marco das San Lucas de Mondoñedo.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



