A Área de rexeneración urbana de interese autonómico (REXURBE) non será necesario adaptala debido a que foi declarada no ano 2022, despois do acordo de comisión bilateral ao que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021
Mondoñedo, a 17 de outubro de 2022. O Concello de Mondoñedo aprobou por unanimidade no pleno municipal deste luns adaptar a Área de Rehabilitación Integral (ARI) a unha Contorna Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) “para que o Concello poda participar nos programas de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio que contempla o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”.
Este foi un dos puntos de acordo adoptados polo pleno da corporación a proposta da alcaldía. Co apoio de tódolos grupos, a corporación tamén acordou solicitar a participación do Concello de Mondoñedo neste programa de axudas que permite o financiamento de obras de rehabilitación de edificios e vivendas dentro de Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada, sempre que se obteña unha redución de polo menos un 30% do consumo de enerxía primaria non renovable nos edificios. Deste xeito, cumpriríase co obxectivo de adaptar o parque de edificios e vivendas en España aos retos nacionais e europeos en materia de sustentabilidade “mitigando a demanda de calefacción e refrixeración nos fogares”.
Tralo acordo, o Concello adopta o compromiso de actuar como entidade xestora das actuacións, despois da firma do correspondente acordo específico e de tramitar os procedementos conforme aos requisitos previstos no Plan; o alcalde terá a facultade para a xestión dos trámites; e o Concello dará traslado á Dirección Xeral do IGVS.
O goberno local considera “imprescindible” que o Concello participe nos programas de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio “para poder mellorar o confort dos usuarios e usuarias á vez que se dá unha mellora na conservación do inmoble, acondicionando interior e exterior do edificio e conseguindo unha mellora substancial do illamento térmico e unha redución do consumo anual de enerxía non renovable”. Así, tendo en conta que “non se contempla que se poidan seguir realizando accións nos mesmos termos que viñamos facendo ata a data, é necesario adaptar a ARI ao novo modelo de ERRP recollido no Real Decreto 853/2021”.
Área Rexurbe
A Área de rexeneración urbana de interese autonómico (REXURBE) non será necesario adaptala debido a que foi declarada no ano 2022, despois do acordo de comisión bilateral ao que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



