Medio Rural da Deputación financiará a compra e mantemento de peches e outros sistemas de rotación e manexo do gando no monte, para incentivar o pastoreo
Lugo, 21 de outubro de 2022. Mónica Freire presentou a terceira edición do programa de prevención de incendios e apoio á xestión integral do monte “O que non arde”, que impulsa a área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Na anualidade 2022, a convocatoria, aprobada este venres en Xunta de Goberno, céntrase na promoción do silvopastoreo en gandeirías de ovino, cabrún e porcino para reducir os niveis de biomasa que actúan como combustible para os lumes forestais. A través do programa, Medio Rural financiará investimentos relacionados co pastoreo en extensivo en zonas forestais e agrícolas.
A convocatoria, que conta cun orzamento de 60.000 euros, artículase en dous eixos. O primeiro diríxese a titulares de gandeirías e financia a adquisición ou mantemento de peches para xestionar o manexo e protexer o gando da fauna salvaxe, como pastores eléctricos ou valados de diferentes tipoloxías, así como os gastos técnicos de deseño e construción doutros sistemas innovadores para o aproveitamento multifuncional do monte e a convivencia do gando coa fauna salvaxe. O segundo diríxese a asociacións gandeiras e federacións de produtores que fomenten, o silvopastoreo mediante a formación e o asesoramento técnico.
Mónica Freire explicou que “os lumes deste verán puxeron de manifesto unha vez máis que os incendios forestais son unha das problemáticas centrais do rural galego e que a resposta ten que darse necesariamente desde a prevención”. “Desde a área de Medio Rural apostamos por esta vía desde o inicio do mandado poñendo en marcha este programa co que seguimos dando apoio aos gandeiros e gandeiras que apostan polo pastoreo e colaboran así na limpeza e na defensa dos montes contra os lumes”, expuxo a responsábel provincial, que repasou as tres edicións do plan para sinalar que “a través das distintas convocatorias de O que non arde tratamos de implicar nesa tarefa preventiva a concellos, comunidades de montes veciñais en man común e gandeiros e gandeiras a título individual, xa que somos conscientes da importancia de actuarmos de forma coordinada”, apuntou.
As bases da convocatoria aprobáronse este venres en Xunta de Goberno e publicaranse a vindeira semana no BOP. A partir desa data de publicación, as persoas e entidades interesadas terán 20 días hábiles para solicitar as axudas.
Terceira edición dun programa pioneiro
“O que non arde´” é o primeiro programa impulsado pola Deputación de Lugo en relación coa prevención de incendios e a xestión integral do monte. Na súa primeira edición, en 2020, o programa implementouse a través da colaboración cos concellos, que puideron solicitar axudas de Medio Rural para a roza e limpeza das faixas laterais da rede viaria municipal, así como para o mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa coa plantación de especies arbóreas autóctonas.
Na pasada edición, a convocatoria orientouse ao fomento do pastoreo preventivo por parte das comunidades de montes veciñais en man común, logrando o mantemento e limpeza de 313 hectáreas de monte en terreos de faixas de protección contra os lumes e na súa contorna.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



