Os formigos e as humanas … Non, non vai diso, de cambio de sexo ou de xénero, ou contraposición sexual, ou de interacción entre especies. Co que ten que ver é co cambio de concepción das ideas, do mundo, polo uso e secuestro da linguaxe e da imaxe, do noso ser, que nos fai cada vez máis, formigas.
Estamos en plena batalla mundial polos datos. Pola súa obtención, apropiación e uso no marco do que se chama ‘economía de datos’, que é moito máis que economía, pois está ligada á sociedade e ás persoas e todas as súas (nosas) manifestacións e actuacións. Calquera interacción que teñamos ou deixemos de ter pode converterse en datos, que unha vez que nos son enaxenados (é dicir, que se apropian deles outras persoas ou entidades) deixan de pertencernos en exclusiva, ou mesmo de pertencernos sen máis, para pasar a ser algo comercializable no mercado e usable para dirixir a ‘nosa’ próxima compra ou a nosa próxima votación, ou a nosa próxima elección de parella.
Non, non é ciencia ficción, senón algo que con menor ou cada vez maior éxito (tanto na recollida de datos, como na apropiación, como no seu uso) se está a producir xa hoxe. Mesmo hai modelos diversos para iso da ‘economía de datos’, tentando que se fale moito de como o goberno chino é capaz de acceder de xeito inmediato ós nosos datos por medio das as empresas multinacionais chinas mentres se fala abondo menos de que as empresas -a maioría, norteamericanas- tecnolóxicas multinacionais leva anos accedendo ós nosos datos. Sen ir máis lonxe, hai anos que o ficheiro que descarguei sobre min dende Facebook tiña case mil megas, é dicir, un tamaño equivalente a máis de cen millóns de palabras, varios centos de Quixotes. Do mesmo xeito, hai anos que a tecnoloxía fai a quen a controle capaz de espiarnos coas cámaras dos nosos propios aparellos, portátiles ou móbiles practicamente a vontade, de tal xeito que estamos literalmente nunha vixilancia dixital, ou, cunha imaxe máis arrepiante, nunha polo momento tosca cárcere dixital.
Volvendo ás formigas, xa aló polo 1930 Maurice Maeterlinck describía no seu libro ‘a vida das formigas’ dun xeito detallado como as formigas estaban clasificadas e a súa vida dependía desa clasificación, desenvolvéndose no que se podería dicir ‘xeito maquinal’, sen liberdade máis que a correspondente a unha distribución estatística sinxela. E si, o formigueiro, debido a ese reparto de tarefas ata o mínimo detalle, florece, e as formigas están dispersas por toda a superficie terrestre a excepción de lugares como a Antártida. É dicir, ocupan unha extensión comparable á dos humanos, con outro sistema social. A cousa é que a vixilancia continua (se queres, non a chames vixilancia, di ‘observación’) xera a capacidade de coñecernos mellor que nós mesmos, e con ela, a de interferir nas nosas decisións, que pasan a ser nosas só na ficción, e nos converten en algo así como formigas que teñen asignado un papel. Papel que pode ser diverso, e abranguer dende o que mercar ata o que votar. Que gran cousa sería que puideramos dispoñer nós mesmos, e só nós, deses datos para aproveitalos para os nosos propósitos, a modo de ‘tónicos para a vontade’ e poder mellorar o conseguir o que queremos. Cousa ben diferente é que sexan outros poderes os que usen eses datos para tentar que queiramos o que lles interesa e logo mellorar a consecución deses intereses que nos inducen.
Mentres, segue aumentando o uso das tarxetas, con máis posibilidade de rastreo do manexo de cartos e máis dependencia dos bancos, coa desculpa de ser máis aséptico en pandemia e máis ‘práctico’ en xeral. Ou, de xeito incomprensible para min, as peticións de cámaras de vixilancia en lugares públicos, coa desculpa da seguridade, cando está demostrado que cazan as pequenas faltas de xente que non está preparada para evitalas por non facelas de xeito organizado, mentres quen o fai a propio intento, de xeito programado, burla a vixilancia de diferentes xeitos. E, mentres, quen ten o control da cámara sabe se pasaches diante dela, en que sentido, como ías vestido, se ías ás présas… No noso edificio roubaron en varias portas hai máis dun lustro. Naquel momento, igual que hoxe, déixanlle a unha empresa privada que teña catro ou cinco cámaras nos baixos do edificio, escrutando á rúa, á xente que entra e sae tanto como á que está a tomar viños. Por suposto que tomar viños non e unha actividade delictiva, pero a observación pode tranquilamente facer posible un ficheiro no que apareza tódalas veces que unha persoa vai tomar un viño a un determinado local e canto tempo bota na tarefa, repartido entre o tempo que pasa dentro e o tempo que pasa na rúa co vaso ou fumando. Iso non serviu para cazar ó delincuente, que aparece nunha toma tapado con capucha e cargado co botín. Ata hoxe. Iso si, poden saber a que horas entro e saio da casa, se saio só ou acompañado, ver como vou vestido e facer deducións de cara onde me podo dirixir. É dicir, ter monitorizada parte da miña vida, que pasa a serme expropiada. E que ‘non faga ningún dano’ non é motivo para que me collan a vida e pase a ter vixilancia constante, e, nun momento dado, queiran cambiar o meu comportamento ou as miñas querencias, e teñan datos abondo para exercer algún tipo de castigo -multa, por exemplo- se non fago eses cambios, se non vou polo rego…




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



