Os populares din que “os orzamentos débense traballar da man da sociedade civil e non facelo dende os despachos de San Marcos, como se veu facendo estes últimos anos”
Lugo, 9, novembro de 2022. O grupo provincial do PP vai intentar que as contas da Deputación para o ano 2023 sexan os orzamentos dos concellos e da veciñanza, nun ano no que a institución provincial disporá de 110 millóns de euros. Aínda sen coñecer o proxecto das contas para o ano que vén, do que os populares só saben o que adiantou o presidente José Tomé no Parlamento, teñen claro que a cooperación cos concellos vía Plan Único non pode manterse no mesmo nivel que en anos anteriores, debido á inflación e a suba dos prezos; polo mesmo motivo, teñen que ser os orzamentos da veciñanza, apunta o portavoz popular, Javier Castiñeira.
Castiñeira sinala: “Dende o grupo provincial do PP pedimos ao señor Tomé que sexa valente á hora de elaborar os orzamentos; entendemos que estes deben ser os orzamentos da veciñanza, é dicir, dos 330.000 veciños da nosa provincia. Da veciñanza e do territorio, porque deben estar tamén pactados cos concellos. Da veciñanza porque débense traballar estes orzamentos da man da sociedade civil e non facelo dende os despachos de San Marcos, como se veu facendo estes últimos anos”.
Os populares consideran que os do 2023 “non poden ser os orzamentos de Tomé nin dos votantes do PSOE e do BNG, que apenas representan un terzo da poboación da provincia; as contas do 2023 non poden ser un copia e pega doutros anos, nin absolutamente electorais, como demostra diariamente a maquinaria propagandística do bipartito”.
Castiñeira explica: “Sabemos que Tomé non quere falar co grupo máis votado, que é o do PP; sabemos que aínda non falou tampouco cos representantes dos traballadores nin temos constancia de que o fixera cos representantes da sociedade civil. Pedimos ao bipartito un esforzo e que vaia máis aló do meramente político, para que a Deputación xogue un papel principal na recuperación da provincia”. Engade: “Non se pode falar de orzamentos participativos só cando se elaboran os programas electorais do Partido Socialista e do BNG, que é o que fan estes dous partidos cada vez que chegan ás institucións: moitas palabras bonitas nos programas electorais, pero poucos feitos despois nas institucións”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



