A ciencia non é moi optimista con respecto ao futuro do ser humano; non é moi optimista sobre o papel que estamos xogando na natureza; non é moi optimista co xogo xeopolítico que estamos demostrando en calquera rincón do mundo; non é moi optimista co xogo social de gobernos e monarcas decimonónicos ou renovados,… A Ciencia predí o desastre e a extinción para este mundo que agora coñecemos. E neste mundo temeroso dos cambios e das ameazas naturais, das pandemias de ignotas procedencias, de desequilibrios xeopolíticos, de riscos bélicos,… falar da necesidade da Filosofía ou do papel que poida cumprir neste contexto pode soar ridículo e estridente.
Pese a esta realidade que nos toca vivir e que tende a deixar de lado os clásicos problemas da Filosofía por ser babecadas e ninguneces innecesarias, sobrantes e que non conducen a nada, renace a Filosofía como o único camiño que os seres humanos debemos tomar para equilibrar e volver a recompoñer o signo dos tempos, a racionalidade no vivir, e a esperanza no progreso da sociedade como única vía de futuro. É esta situación o caldo de cultivo, o prebe, a sopa cósmica imprescindible que obriga a recuperar a perspectiva sobre a realidade que se vai abrindo a un futuro incerto e cheo, unha vez máis, de perigos.
A ciencia non ten cabida nesta situación, non marca o camiño da supervivencia como seres pensantes. A ciencia ten outro labor determinante, fundamental, tamén necesario,…. pero noutro orde de realidade. A Ciencia debe manipular esa realidade para facela de novo amena aos seres humanos, debe crear un tecido natural favorable, debe fortalecer os nosos recursos para superar estas debilidades naturais, para vencer estas probas novidosas da evolución tanto se é forzada por nos como se é produto da súa propia lei natural.
A actitude por tanto dos individuos debe ser produto da reflexión filosófica, da actitude racional, da compoñente máis íntima do ser humano, daquela que resulta inalterable a través do paso do tempo e que foi definida dentro dos nosos ámbitos por un puñado de individuos que destinaron o seu tempo a repensar as posibles variacións das situacións humanas. Todas as cousas que resultan novas, todo aquelo que nos causa estupor foi xa vaticinado en fondo e forma pola Filosofía.
Mentres que a Ciencia se basea no observable, no que pode ser experimentado, naquilo que xa sucede e do que temos constancia, a Filosofía procede do asombro, como soemos escoitar en calquera lección de escola… sen embargo estamos acostumados a que as ciencias dean unha explicación “satisfactoria” e “probada” sobre o que nos pode causar estupor aportando seguridade e cobixo e eliminado calquera outra posibilidade. Manter ese asombro, darlle voltas, suxerir explicacións, probar argumentos, adaptalos ao momento no que vivimos, ás circunstancias espazo temporais nas que habitamos… supón abrir portas ao pensamento e permitir que o noso inxenio ensaie explicacións que as probas empíricas e pragmáticas nos arrebatan.
A preocupación que hoxe en día ten en garda a todas as conciencias do mundo debe deixar espazo a reflexión filosófica e aos recursos dos que esta dispón para reconducir a realidade na que vivimos e para darlle guía e sentido aos nosos pasos. A convivencia e a organización social e política do futuro debe conter os principios e directrices que a historia da Filosofía foi encarreirando a través dos distintos avatares históricos e que deixan regueiros de leccións con nomes e situacións concretas. Sobre eses camiños labrados debemos pasar un novo arado e reconverter o futuro predecible da ciencia nun presente optimizado e racional que mova a Humanidade á convivencia, á tolerancia e ao desexo de supervivencia.
Este camiño só pode ser percorrido se deixamos que a Filosofía cumpra o seu cometido, e para cumprir este cometido debemos asimilala nas nosas vidas, a través da aprendizaxe e da interiorización. Só desde nos mesmos pode actuar e beneficiarmos, só desde a asunción da Filosofía como camiño de aprendizaxe e coñecemento cambiaremos o mundo, un mundo que, agora mesmo, a Ciencia e o noso sentido común, prevén que está condenada á extinción.
… Por certo, si, hoxe é o DÍA DA FILOSOFÍA, e incidimos así naquela proposta da UNESCO para situar o ensino da Filosofía e a práctica da mesma Filosofía como unha prioridade nos plans de estudos e como catalizadora de ideas e foro de encontro e reflexión para todos os seres humanos. Desde esta perspectiva e nestas circunstancias FELIZ DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA!
Manel Yáñez Dablanca
Profesor de Filosofía



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



