Roberto Bartolomé exporá mañá ao alumnado do IES de Foz o traballo arqueolóxico realizado nos últimos anos nesta zona
Lugo, 10 de novembro de 2022. Medio Rural da Deputación de Lugo financiou as catas arqueolóxicas que se desenvolveron o pasado mes de agosto en Carreiro-Marzán, no litoral de Foz. As sondaxes, promovidas polo Concello de Foz a través da Concellería de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e do Mar, deron continuidade ás prospeccións que se levaron a cabo durante os anos 2020 e 2021 noutros puntos da rasa costeira entre A Rapadoira e Llas, onde se localizaron estruturas murais e material cerámico que denotan a existencia dun asentamento entre o século I e II d.C.
As catas programáronse co obxectivo de seguir avanzando na documentación e contextualización do xacemento, recabando información nunha zona especialmente vulnerable ao deterioro provocado polos temporais e á acción erosiva do mar. Nas intervencións, dirixidas polo arqueólogoRoberto Bartolomé, acháronse restos de cerámicos feitos a man, que inciden na ocupación da zona nos primeiros séculos da nosa era e que contribúen a delimitar as zonas de interese para futuras prospeccións.
A deputada de Medio Rural Mónica Freire e o tenente de alcalde Francisco Xavier Fanego sinalaron a necesidade de continuar co estudo do xacemento para obter a maior información posible antes dun deterioro irreversible e destacaron o interese que a arqueoloxía e a xestión do patrimonio teñen como elemento de dinamización cultural e ferramenta educativa.
A área de Medio Rural investiu 4.000 euros nesta intervención arqueolóxica, que se suman a outras iniciativas de protección do patrimonio apoiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo na comarca da Mariña, como o estudo preliminar impulsado por Mariña Patrimonio no castro de Rueta, en Cervo.
Charla divulgativa no IES de Foz
O arqueólogo Roberto Bartolomé compartirá este vernes co alumnado do IES de Foz o interesedos achádegos realizados no xacemento durante estes anos, como resultado dun traballo científico, baseado en datos, co que se articula o relato histórico.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



