Completan os recoñecementos os equipos Viogen da Garda Civil, a Marcha Mundial das Mulleres, a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia-ASOCIM e o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo
Burela, 21 de novembro, 2022. Esta tarde ás 19.00 horas varios membros do CD Burela FS, concretamente o adestrador, Julio Delgado, o coordinador da sección feminina, Yago Loureiro, o presidente do club, Manuel Blanco, o vicepresidente, José Luis Saez e sete das xogadoras do equipo senior feminino, Cilene, Jenny, Jozi Oliveira, Antía Pérez, Patricia, Caridad e Emilly (todas excepto as 3 convocadas para xogar coa Selección os amistosos de Xapón, Peque, Dany e Irene Samper) asistiron ao Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela para asistir ao acto de recoñecementos Meninas 2022. A Delegación do Gobierno en Galicia concede os recoñecementos Meninas 2022 aos equipos Viogen de Galicia da Garda Civil, á Marcha Mundial das Mulleres, á Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller-ASOCIM, ao Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo e ao CD Burela Fútbol Sala. O xurado destes recoñecementos, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fallou a quinta edición destes recoñecementos en Galicia con motivo da próxima celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Os recoñecementos Meninas foron instituídos polo Goberno de España co obxeto de poñer en valor a persoas e institucións que incorporaron estratexias, iniciativas ou proxetos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade.
En Galicia este ano o recoñecemento acada ás cinco entidades e institucións e engádese unha mención honorífica, que recae nesta ocasión na periodista ourensá Cristina Huete Álvarez.
Xunto co delegado do Goberno, José Miñones, o xuardo completouse coas persoas titulares das subdelegacións provinciais: María Rivas, Isabel Rodríguez, Emilio González e Maica Larriba. Contou coas propostas da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación e as súas unidades provinciais de coordinación. Nas súas deliberacións recibiron tamén aportacións da sociedade galega e aportacións de candidaturas que, concluíron nun fallo final. Nel recóllense as motivacións de cada un dos recoñecementos. No caso do CD Burela FS, o xurado reconoce o paso adiante que supuxo a firma, en 2018 e no seno desta entidade, o primeiro convenio colectivo para mulleres deportistas, con cláusulas específicas de conciliación e promoción profesional. Unha decisión histórica que tomou en solitario o club lucense e que constitúe un exemplo de como aplicar de forma efectiva a igualdade entre homes e mulleres no deporte. Nestes anos, o equipo feminino realiza accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller, por exemplo, dedicando partidos á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes y enviando mensaxes de sensibilización contra esta lacra.
Recolleron o galardón o presidente do club CD Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e unha das capitanas e porteira do equipo senior feminino, Joziane de Oliveira.
Dende o CD Burela FS estamos moi orgullosos e orgullosas deste recoñecemento e seguiremos loitando pola igualdade no deporte e realizando accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller.























A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.

