Coido que non é o caso máis flagrante, pero é o que teño máis á man. E, como noutros casos, está a medrar. O concello de Ribadeo leva aumentando o número de notas de prensa emitidas en cada período dende que comezou a facelo de xeito formal a través dunha axencia. Ano tras ano incrementa o seu número, e así xa no 2021 sobrepasou unha nota diaria. Algo que este 2022 xa ten conseguido aínda no dubidoso caso de que non emita ningunha máis no que resta ata o 31 de decembro, e leva camiño de achegarse ás tres notas por cada dous días hábiles. Co que se podería considerar agravantes: as notas aparecen na web do concello mesmo con posterioridade á súa aparición como noticia en prensa, cando a súa orixe é perfectamente verificable e rastrexable comparando as ‘noticias’ coas ‘notas’. Tamén se pode comprobar que se as imaxes do xornal ou das redes sociais mantidas por xente do concello son as mesmas que aparecen na web, estas últimas son de abondo peor calidade.
Como resultado, as noticias sobre Ribadeo teñen en boa parte non só a orixe no concello, senón que tamén son xestionadas de xeito inicial, presentadas, polo mesmo concello, sendo admitidas e publicadas nos medios con variacións insignificantes, se o son con algunha. E, mentres o concello se converte en procurador de novas, vai quedando reducido o oco natural nos medios para o resto de actores.
Como continuación do anterior, e mentres, as chamadas redes sociais énchense de novas que son, ben relanzamento do publicado polos medios, ben transmisións de chistes, imaxes ou vídeos sorprendentes, e moitas veces truculentos ou claramente aproveitando para transmitir nesgos, e algunha vez (poucas) algunha achega particular a partir dunha foto-denuncia de cousas do pobo. Destas últimas, unha parte, sendo certas e fidedignas vai acompañadas de comentarios totalmente nesgados que sitúan o contexto nun xeito irrecoñecible en relación ó da foto na ‘vida real’.
Dese xeito, mentres a comunicación tamén se ve constrinxida pola orientación cada vez máis ostentosa de quen transmite a información (non o periodista, senón quen controla o medio), esta vai deixando de ser tal para ser, sobre todo, unha inflación de propaganda. Un caldo de cultivo no que a polarización non pode máis que medrar. Mesmo as descualificacións, e escalando, os insultos velados (ou sen velar) son cada vez máis comúns e pretendidamente normais ou normalizados. É dicir, convértense en normal, en norma.
Esta espiral que medra, autoalimentada, leva sendo patente dende hai varios lustros. Ó pouco de xurdir, nas redes sociais, mais é anterior nos medios, coa integración en grandes cadeas mediáticas con poder propio ou cooptadas por outro poder, e a precarización do oficio de xornalista. Nun caso por unhas razóns, no outro, por outras, non é doada unha oposición interna que pare o medre do problema. E, a máis de facer máis difícil a gobernanza en política para forzas opostas ó poder ‘real’ que pasa polos cartos, fai máis débil á sociedade. Sociedade que noutro tempo pretendeu que as institucións foran os seus piares e que na actualidade atópase con que precisamente eses pretendidos piares, prisioneiros doutros poderes, son parte do problema.
Segundo onde vivas e en que entorno te movas, segundo as túas ideas ou orixe de transmisión das novas que alimentan o teu pensamento, terás / irás tendo un perfil ou outro, encadrándote nun lugar informativo do que en xeral será difícil saír, con muros cada vez máis altos que cercan a túa vista e ocultan outras posibilidades. Muros que inclúen, claro, as túas amizades, persoas nas que máis ou menos confías, tanto ou máis que nas institucións ou grupos de interese, pero que, ó tempo, se ven cerradas no seu espazo de información nesgada, próximo ó teu, e do que, se saen nalgunha ocasión, tenderán a ver outras posibilidades informativas ou de interpretación como unha negación, unha mentira contra da ‘súa verdade’. Igual ca ti. Negación que incluirá a imposibilidade de considerar outra visión que non sexa a propia, creada e reforzada polo entorno entre elixido e imposto no que cada persoa se mova.


















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



