Preto de 120 persoas seguen as xornadas durante as que expertos a nivel nacional e internacional comparten experiencias dentro doutros proxectos Life para a conservación, restauración e posta en valor de hábitats
Lugo, 8 de novembro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o congreso que pon o colofón ao Life in Common Land, un proxecto liderado pola institución provincial, coa colaboración das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, que ten como obxectivo favorecer a conservación dos hábitats característicos da Serra do Xistral, únicos na Europa continental, e promover o aproveitamento sostible da riqueza ambiental deste territorio, integrado na Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Na inauguración do encontro, que seguen preto de 120 persoas de maneira presencial e on line, participaron xunto ao Presidente o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o Vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco Fraga.
José Tomé puxo o proxecto Life, financiado con fondos europeos, como exemplo das políticas da Deputación en apoio do rural. “Estamos convencidos de que a nosa riqueza e diversidade ambiental debe ser una oportunidade de futuro para o rural da provincia de Lugo, sobre todo a través do sector primario e dun turismo sostible, non masificado e comprometido co patrimonio porque, está claro, se non hai poboación nin actividade económica, non hai futuro para o noso rural”, explicou o Presidente.
Desta estratexia de traballo, asegurou, emana o Life in Common Land, “un proxecto marcado ademais pola colaboración estreita e directa coas comunidades de montes veciñais en man común dos concellos de Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro, Viveiro e Xove”, ás que agradeceu a súa capacidade de traballo e a implicación do proxecto.
O mandatario provincial tamén felicitou polo seu labor ao equipo de técnicos da institución e das universidades de Santiago e A Coruña que participaron na iniciativa, demostrando “unha vez máis, o seu excelente nivel académico e investigador, e o seu compromiso e implicación co territorio”. “A educación superior e os proxectos de investigación das universidades públicas son tamén un factor de desenvolvemento fundamental para o noso rural”, afirmou.
O congreso sobre o proxecto Life in Common Land amosa entre hoxe e mañá, coa presenza de expertos a nivel nacional, o resultados do programa, desenvolvido dende o ano 2017 na Serra do Xistral.
O encontro profesional divídese en cinco grandes bloques sobre os que se xera un debate e a través do que se obterán conclusións que poderán ser de utilidade para outras zonas de Europa. Na xornada deste martes, os bloques estiveron centrados en actividades rurais tradicionais e conservación de hábitats, a restauración de turbeiras e brezais e o mecanismos de pago por resultados de conservación. Mañá mércores levaranse a cabo os dous últimos bloques: unha visita de campo á Serra do Xistral e áreas comunais e conservación de hábitats na Rede Natura 2000. A clausura, na que se coñecerán as conclusións do proxecto e do congreso, será mañá, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Entre os relatores participantes, destacan expertos a nivel nacional e internacional que compartirán as súas experiencias dentro doutros proxectos Life ou outras entidades relacionadas, como o zoólogo Carlos Sunyer; Frank Vassen, da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea; Amelia Ortubai, unha das responsables do Life Oreka Mendian, do País Vasco; Laure Kufhuss, economista do instituto escocés James Hutton; Alfred Ferris, da Asociación Portuguesa de Tracción Animal; ou James Moran, da Universidade Tecnolóxica do Atlántico de Galway, en Irlanda.
Medida pioneira replicable en Europa
A Serra do Xistral conta cun conxunto de hábitats único na Europa continental: as turbeiras e os queirogais húmidos. A súa conservación está estreitamente ligada ás actividades tradicionais, como a gandería de vacún e as bestas salvaxes, e aporta valores naturais importantes en tanto que constitúen un almacén de carbono clave no contexto do cambio climático e son reservorio de auga e de biodiversidade.
Para sacar adiante este proxecto, a Deputación, en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña, traballou man a man coas comunidades de montes veciñais da Balsa, Boimente, Cadramón, Frexulfe, Laxa Moura, Miñotos, Montouto, Tenente e Xistral, Santo Tomé de Recaré, Silán e Vilacampa, pertencentes a 6 concellos do norte da provincia de Lugo: Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro, Viveiro e Xove.
De feito, no marco do programa Life, a institución levou a cabo unha iniciativa pioneira, que poderá replicarse noutros territorios europeos, consistente en pagos compensatorios por un importe total de 300.000€ ás comunidades de montes polos resultados de conservación que lograron seguindo o modelo de xestión deseñado no propio proxecto europeo. Algún exemplo desas accións que permiten ver esa mellora no hábitat son as rozas, plantacións, mantemento e manexo sostible do gando nos hábitats prioritarios, control da vexetación, ou xestión das infraestruturas de xestión gandeira, como cercados e bebedeiros, entre outras.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



