A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participou hoxe na reunión da Oficina Técnica da Seca
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022. A Xunta considera que o peor da seca está superado ao constatar un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participou hoxe na reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se constatou unha melloría xeneralizada con respecto á ultima xuntanza, que foi o 20 de outubro.
Segundo o Plan de seca de Galicia-Costa, a situación avalíase, dunha banda, en función das precipitacións rexistradas e, doutra banda, en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento.
Así, en relación coas precipitacións rexistradas, na xuntanza de hoxe constatouse unha melloría da situación que permite desactivar a declaración estado de seca prolongada no sistema da Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, que pasan a situación de completa normalidade. No resto dos sistemas de Galicia-Costa mantense a seca prolongada, á espera da consolidación dos bos indicadores favorables.
En relación coas reservas de auga dispoñibles de abastecemento, na xuntanza constatouse tamén que nestas últimas semanas os ríos experimentaron picos de caudal moi importantes, tal como amosan o sistema do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña e o sistema do río Anllóns, onde se pasou rapidamente a niveis de normalidade.
Tamén rexistran actualmente niveis de normalidade os sistemas do río Verdugo e ría de Vigo e ría de Baiona; o do río Tambre, a ría de Muros e Noia; e o sistema da costa de Pontevedra.
No encontro constatouse o incremento de caudal rexistrado no sistema do río Lérez e da ría de Pontevedra, pois tras un descenso importante, na 2ª quincena de outubro rexistrouse unha mellora considerable dos indicadores, cun valor xa próximo á saída de escenario de seca prolongada.
O único sistema no que se produciu unha recuperación aínda insuficiente suficiente polo de agora para saír do escenario de prealerta por escaseza é o do río Mero, Arteixo e ría da Coruña.
No que se refire á auga embalsada, o nivel actual dos encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa, de competencia da Xunta, sitúase no 65,2%, cunha ocupación só un pouco inferior á rexistrada no mesmo período do ano anterior, cando os encoros estaban ao 70,82%.
O encoro de Eiras sitúase ao 80% da súa capacidade, acadando a cota de resgardo.
Os encoros de Zamáns está ao 64,5% e o de Baiona a case o 94%, sendo estes dous últimos encoros os que abastecen aos concellos de Nigrán e de Baiona, ademais de a unha parte do concello de Vigo. Ante estes indicadores, a Oficina Técnica da Seca rebaixaou o nivel nestes sistemas, pasando das medidas equivalentes a un nivel de alerta polas correspondentes a un nivel de prealerta por escaseza.
Porén, o encoro de Cecebre segue en valores baixos para esta época do ano, xa que se atopa ao 51%. Este encoro está situado no sistema do río Mero, polo que neste caso manterase o nivel de prealerta por escaseza.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



