Ribadeo, 30 de novembro de 2022. O Departamento de Edificación e Obra Civil do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta dá Auga, de Ribadeo, en colaboración coas empresas Pulmor e Construdeco, organiza unha xornada práctica sobre envolventes de fachadas non ventiladas, concretamente do sistema Pulmor Sate. Será este venres, día 2 de decembro, de 18 a 20 horas, nas instalacións deste centro educativo ribadense. É unha xornada aberta ao público en xeral, a participación gratuíta e os asistentes compartirán un aperitivo. Os interesados en participar deben enviar un correo electrónico á dirección mendezdeandes@edu.xunta.gal.
O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta dá Auga, José Méndez de Andés, explica que “es una formación teórico práctica sobre un sistema de aislamiento técnico exterior conocido como Sate, que es un sistema de aislamiento envolvente para las fachadas, tanto de edificios como de viviendas unifamiliares. El propósito de este sistema es principalmente para la rehabilitación de viviendas que no tienen un asilamiento adecuado, para que queden bien aisladas y tengan una eficiencia energética apropiada a la situación actual, lo que llevará consigo el ahorro en calefacción y demás gastos que conlleva tener un mal aislamiento en las fachadas”.
José Méndez de Andés engade que “la empresa que viene dar esta formación se llama Pulmor, que viene a través de Construdeco, y puede asistir a la jornada cualquier persona que quiera ver está formación con demostración y los participantes podrán hacer una pequeña práctica de como se aplica este tipo de material. A los que quieran asistir les pedimos que nos avisen previamente porque al final se va a ofrecer un pequeño aperitivo por parte del centro para todos los participantes”.
A formación correrá a cargo do delegado para a zona norte da empresa Pulmor e dun técnico aplicador.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



