A voceira socialista do Goberno subliñou: “a sentenza do TSXG é clara. A Consellería de Sanidade e o Sergas vulneran os dereitos fundamentais dos médicos de Atención Primaria e de pediatría”
Lugo, 27 de decembro de 2022. O Pleno da Deputación de Lugo aprobou, na sesión ordinaria do mes de decembro celebrada este martes, unha moción presentada polo Grupo Socialista para instar á Xunta a que cumpra a sentencia 05354/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), co fin de adoptar as medidas oportunas para cumprir coas súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo e a avaliación dos riscos dos postos de traballo, non só dos médicos de Atención Primaria e de pediatría, senón do conxunto dos profesionais do sistema público sanitario de Lugo e Galicia. O PP abstívose na votación.
A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, denunciou na súa intervención “as condicións laborais do persoal sanitario, pola carga de traballo que están soportando os facultativos, unha situación que vén de confirmar unha sentencia xudicial que sinala que se vulneran eses dereitos, así como as consecuencias do desmantelamento deste servizo público”.
García Porto incidiu en sinalar que “o modelo sanitario do PP non concorda co que defende o Goberno da Deputación, xa que demandamos máis e mellor sanidade pública. Nós entendémola como un servicio esencial e como un dereito en igualdade de condicións para tódalas persoas. Dende que o PP chegou ao Goberno da Xunta lanzaron un ataque progresivo e destrutivo contra a sanidade pública, e polo tanto contra a saúde dos galegos e das galegas”.
Explicou que dende a Xunta enfocaron o problema sanitario “en economizar este servicio, e adicaronse a practicar un austericidio constante na sanidade. Mediron a paciente e profesionais como puros datos estatísticos, sen ter en conta os especiais condicionantes do noso territorio, e así abriron a porta aos intereses privados en detrimento do servicio público”.
Desprezar as reclamacións dos profesionais sanitarios
A voceira acusou ao Goberno da Xunta de deprezar as reclamacións dos profesionais sanitarios ao longo de máis de 10 anos: “fixeron caso omiso das reiteradas queixas que se formulaban relacionadas coas condicións de sobrecarga de traballo. Desprezaron a creación de prazas MIR propostas polo Goberno do Estado, e tamén o proceso de estabilización dos sanitarios”. Lembrou que a situación, que xa era mala, “agudizouse a partires do ano 2020, por mor da pegada da pandemia, que trouxo unha carga de estrés engadido a servizos que xa estaban infradotados e traballando ó límite”.
O Grupo Socialista da Deputación de Lugo leva dedicado unha boa parte da súa actividade durante este mandato a presentar propostas en defensa da sanidade pública e os seus profesionais, “nomeadamente no eido rural, que é o que máis nos afecta”. Por iso, reiteramos as nosas peticións: “a sentenza do TSXG é clara. A Consellería de Sanidade e o Sergas vulneran os dereitos fundamentais dos médicos de Atención Primaria e de pediatría”.
“Esta sentencia déixanos unha sensación agridoce ante o fallo do TSXG. Dunha parte, sempre é unha satisfacción cando a xustiza respalda as teses que un defende e lle dá a razón. Pero por outra, unha certa tristura ó comprobar o modelo de convivencia que o PP propón para Galicia. O fallo desta sentenza desautoriza o modelo de xestión de persoal do Sergas, e debe obrigar ós seus responsables e á Consellería de Sanidade a tomar medidas urxentes para corrixir as eivas. E convén ter presente que esta diagnose, estas eivas, explican ben algúns dos problemas do sistema sanitario lucense”, dixo.
“Cando non goberna o PP o único que fan é crispar”
A voceira evidenciou a falla de rigor do PP neste debate, remarcando que “o Goberno do Estado multiplicou por catro o número de prazas MIR ” e que co PP a Xunta deixou sen convocar 150 nunha década. Tamén se referiu aos contratos MIR que realiza á Xunta: “os facultativos renuncian as súas prazas porque maltratan aos traballadores da sanidade pública”. E por último, agradeceu ao PP recoñecer que existe un problema na sanidade pública galega. “Somos políticos, cando non goberna o PP o único que fan é crispar”.
Axilizar a tramitación administrativa para obter o Certificado Dixital
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, defendeu outra proposta socialista nesta mesma sesión plenaria para demandar á Xunta axilizar a tramitación administrativa para obter o Certificado Dixital, e poder concorrer así a subvencións e tramitar expedientes coas diferentes administracións. Tras escoitar as queixas das gandeiras e gandeiros lucenses, a través dunha moción, demandou reformas na tramitación deste documento. O PP votou en contra desta iniciativa.
Pablo Rivera emprazou á Xunta a dar solucións á fenda dixital e actuar con responsabilidade neste asunto. Concretamente, a través desta proposta, demandan ó Goberno autonómico “dotar do persoal necesario ó Rexistro da Delegación da Xunta en Lugo para garantir que se atenden todas as citas concedidas para obter o Certificado Dixital, e que tome as medidas precisas para descentralizar a realización deste trámite, estudando coa Deputación e os concellos fórmulas que eviten os desprazamentos ou os reduzan considerablemente”. Ademais, na iniciativa aprobada instan á Xunta “a mellorar a cobertura de liña telefónica e internet para avanzar no camiño de facilitar o acceso á administración por vía telefónica e dixital ós veciños do rural lucense”.
Moitos gandeiros non foron atendidos a pesares de contar cunha cita concertada
O Deputado advertiu de que moitos dos gandeiros que acudiron “non foron atendidos a pesares de contar cunha cita concertada previamente, o que supuxo un desprazamento de balde, coa consecuente perda de tempo e o gasto derivado do mesmo”. “Resulta sorprendente que en pleno século XXI, a Xunta siga obrigando a resolver de xeito presencial a tramitación deste certificado, e que ademais o centralice na capital da provincia, obrigando ós gandeiros e a todos aqueles que o solicitan a desprazarse, nun modelo de atención ó cidadán que parece propio do século XIX”.
Lembrou que contar co Certificado Dixital é imprescindible para poder optar ás axudas do Kit Dixital que concede o Ministerio de Agricultura. Como as axudas se conceden por orde de presentación, a incapacidade e falta de previsión da Xunta pode privar ós gandeiros lucenses do acceso ás mesmas.
Na súa intervención lembrou o investimento do Goberno de Pedro Sánchez que avanzou axudas destinadas aos gandeiros de 400 millóns de euros, fronte ao peche de oficinas de extensión agraria “que ben poderían realizar o servicio para autorizar este certificado”. E tamén se referiu á decisión da Xunta coa cuarta dose da vacina da COVID pois “os nosos maiores tiveron que desprazarse ata os hospitais, xa que non se realizou nos seus centros de saúde máis próximos.” Por último, aludiu a que o Presidente da Xunta “estase adicando a realizar anuncios de Nadal, perdendo o tempo en temas efémeros, mentres a Xunta promove aldeas modelo con chaquetas do Xacobeo”, ironizou.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



