A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou presentar 5 proxectos a unha liña de axudas convocada polo Ministerio de Política Territorial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno do Estado
Lugo, 2 de decembro de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a solicitude para concorrer a 1,5M€ de fondos europeos destinados a implantar proxectos pioneiros en materia de transformación dixital e modernización, a través dunha liña de axudas convocada polo Ministerio de Política Territorial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno do Estado.
Así o anunciou na rolda de prensa celebrada esta mañá a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen apuntou que a institución acóllese a esta subvención “coa finalidade de desenvolver 5 proxectos que facilitarán as xestións dos veciños e veciñas nos concellos, a través de propostas innovadoras, que mellorarán a prestación dos servizos públicos”, e que os fará, dixo, “máis útiles, áxiles e transparentes”.
As axudas solicitadas para implantar estas 5 accións irán destinadas ós concellos de menos de 20.000 habitantes que, no caso da provincia de Lugo, son todos menos o da capital.
Entre estas propostas, amosou García Porto o interese da institución de implantar un sistema dixital para a xestión das estradas da provincia, a máis extensa de España, con máis de 4.200 quilómetros, polo que “será un gran avance en materia de infraestruturas para facelas máis seguras e sostibles”.
“Coa solicitude destes fondos europeos, aspiramos a ser a primeira Deputación de toda España en contar con este sistema intelixente, que permitirá acceder, tanto ás administracións como aos cidadáns, a numerosa información de interese en tempo real, similar a un Google Maps”.
Esta ferramenta permitirá coñecer e notificar, entre outras moitas funcións, o estado das estradas, a intensidade do tráfico, ou incidencias en cada unha vías da provincia, “polo que supoñerá un instrumento moi útil para deseñar actuacións de mellora e acondicionamento, e para responder cunha maior axilidade e eficacia a calquera tipo de circunstancia que se produza na rede viaria”, explicou a Deputada. “Facemos unha aposta por seguir mellorando a mobilidade, unha das prioridades da nosa acción de Goberno, aproveitando as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías”, engadiu.
Ademais desta iniciativa, a Deputación solicita fondos europeos para outros catro proxectos: un para a mellora da eficiencia dos servizos básicos da administración dixital dos concellos; outro para renovar equipamentos tecnolóxicos; un terceira actuación para crear oficinas municipais de prestación de servizos electrónicos aos veciños e veciñas; e outro para a implantación dun sistema de gravación para as sesións plenarias das entidades locais.
Colaboración co Club Fluvial de Begonte
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou un convenio de colaboración a través do que a Deputación aporta máis de 52.000€ ó Centro de Iniciativas e Turismo do Club Fluvial de Begonte para que poida realizar melloras nas súas instalacións deportivas. O investimento inclúe a redacción do proxecto e a execución das obras, que consistirán na mellora das pistas multideporte e no subministro e instalación da rede e pintado nas pistas de tenis.
Con esta actuación, o Club poderá contar cunhas renovadas instalacións para a práctica deportiva e a celebración de eventos que o centro desenvolve nestas pistas, e que son de gran importancia e repercusión, como pode ser o Torneo Nacional de Tenis que reúne a deportistas de todo o país. Esta aportación económica “é unha nova mostra do apoio que dende a Deputación de Lugo lle prestamos a esta entidade, que contribúe de forma significativa á dinamización da vida social de Begonte”, apuntou a voceira socialista.
Contratos
A Xunta de Goberno aprobou este venres a licitación do contrato para o mantemento do servizo videovixianza das dependencias da Deputación, por un importe de 81.000€. Terá unha duración de dous anos, prorrogables por outros dous, a renovar de ano en ano.
Así mesmo, quedou aprobada a adxudicación por un importe de máis de 98.000€ do contrato para o mantemento da aplicación informática que constitúe a base de datos do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, así como o módulo do Servizo de Contabilidade e Contas da institución. A empresa adxudicataria é Ayuntamientos Soluciones Informáticas S.L.U, e a duración da prestación do servizo será de dous anos.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



