A Mariña 22 decembro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña chama aos veciños e veciñas da Mariña a saír novamente á rúa o vindeiro 19 de xaneiro de 2023 , na manifestación que convoca baixo o lema “Contra o desmantelamento da sanidade pública”. A convocatoria responde á situación de emerxencia no que se atopa a sanidade pública, que sufre cada vez máis deterioro sin que os responsables da súa xestión poñan solucións efectivas.
Se ben a Mariña leva sufrido continuos recortes en materia de sanidade desde hai trece anos, os problemas agrávanse trala supresión da área sanitaria no ano 2018. Esta decisión do gobernó da Xunta de xeito unilateral, sen escoitar aos axentes sociais e dándolle as costas ao clamor veciñal que se oponía á súa perda, provoca a centralización dos recursos na capital aumentando as derivacións cara a Lugo – moitas veces a centros privados- para procedementos que ben podían terse realizado aquí, alonxando a sanidade das persoas. Malia que se acometeu una obra de ampliación de gran calado, moi necesaria e que se fixo realidade grazas a un importante movemento de presión social, non se dotou de nin un só servizo novo.
A irrupción da pandemia non fixo máis que agravar una situación de extrema debilidade, ampliando considerablemente as xa inaceptables listas de espera que sufríamos debidas ao déficit estrutural de persoal do que adoecemos, sumado á non subtitución das ausencias do pouco e sobrecargado persoal do que se disponía.
A situación actual pola que están a pasar moitos centros de saúde raia o peche funcional dos mesmos. Mesmo en Viveiro hai uns meses quedaba un só medico dos dez que hai en plantilla entre as quendas de mañá e de tarde; en Cervo durante os meses de verán solo houbo servizo médico tres días á semana. A pediatría de familia na Mariña está a piques de desaparecer e negámonos a aceptar o discurso que está a lanzar o Partido Popular cando afirma que “temos que acostumbrarnos a que non haxa pediatras nos centros de saúde”.
No Hospital da Mariña atopamos situación grotescas como agardar dous anos para facer una ecografía ou tres anos para ser visto por cardioloxía. No servizo de reumatoloxía, que durante meses estivo pechado por un permiso non substituído xa se perde a conta dos anos que leva agardando a xente por una consulta.
Temos motivos máis que suficientes para sair á rúa defender a sanidade pública, por iso desde este colectivo “chamamos ao sector sanitario, a industria, comercio, sectores produtivos, tecido asociativo, alcaldesas, alcaldes, corporacións municipais e en xeral á toda a sociedade mariñá a que se sume a esta mobilización que acreditamos en que será multitudinaria”- conclúen @s integrantes do colectivo sanitario.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



