O mercado de produtos artesanais e de proximidade celebrarase na praza do concello o vindeiro domingo 11 de decembro entre as 11 e as 20 horas. Haberá un posto de venda de libros de segunda man, cedidos polos centros escolares e particulares, cuxa recadación se destinará á Asociación de Saúde Mental A Mariña
Barreiros, 9 de decembro de 2022. O Concello de Barreiros dálle a benvida ao Nadal poñendo en marcha un mercado de produtos artesanais e de proximidade que se celebrará o vindeiro domingo en horario de 11 da mañá a 8 da tarde.
A alcaldesa, Ana Ermida, pon en valor esta iniciativa por tratarse dun “escaparate no que os produtores e artesáns de proximidade poden achegarse á poboación barreirense, servindo como promoción; pero especialmente, pondo en valor a calidade de quen produce a carón de nós, con produtos de primeira e cun sistema de produción que reverte no territorio.” “Trátase de amosar que aquí ao lado hai moi bos produtos, que non teñen nada que envexar a quen ten posibilidades de promocionarse con grandes campañas de publicidade, e que só precisan de ter espazos onde abrir un mercado de proximidade que aposte por un consumo máis responsable. É polo tanto un intento de poñer o concello de Barreiros ao servizo dos produtores locais que agardamos que sexa exitoso e poida repetirse noutras ocasións”, asegura a rexedora.
Durante a xornada, que acollerá postos de artesanía tanto de decoración como de alimentación, tamén se desenvolverán actuacións musicais e dirixidas ás crianzas. Así, ás 12:30 terá lugar a actuación do grupo “Condensadores de fluzo”. Ademais, en dito espazo celebrarase un obradoiro de xoguetes tradicionais ás 16:30 a cargo de Manolo García e a partir das 17:30 repartirase chocolate quente. As actividades rematarán ás 18:00 coa actuación para público infantil “A vida tola de Pajarito”.
Entre os postos que se poderán atopar no mercado, destacan produtores locais como o Mel Alival, a Pastelería artesá Obradoiro, a Huertina de Yan, a churrería de Telmo ou a cervexería Augas Santas; que compartirán espazo con outros postos de proximidade coma Chocolates Moreno, Queixería Gabino, O Ferrado Marelo ou Larpeiradas Galegas.
Haberá tamén espazo para a artesanía e agasallos da man de EvE e Elr, Cantos Artesanía, Pompas Pompis ou Isabel Alvariño.
Sen dúbida, algúns dos espazos máis visitados serán os postos que montarán a Asociación de Saúde Mental A Mariña, onde venderán artesanía e lambetadas de elaboración propia, e o rexentado polo alumnado do CEIP de San Cosme, que venderán doces de nadal para recadar fondos para a viaxe de fin de curso.
O concelleiro de dinamización, Dani García, explica que “esta iniciativa naceu da crenza de que en Barreiros ten cabida un espazo que poida servir como escaparate dos produtos locais e de proximidade, poñendo así en valor a elaboración feita no propio territorio.”
A partir das 16:30 tamén contarán con unha bola de neve xigante que poderá ser usada como photocol para introducirse nela e tomar fotos de lembranza deste día.
Espazo para a colaboración e a solidariedade
García tamén sinala que “no propio mercado vai haber espazo para a colaboración e a solidariedade. Xa que ademais dos postos da Asociación de Saúde Mental e do alumnado do CEIP de San Cosme, aos que se lles poderá axudar; o propio Concello de Barreiros puxo en marcha un proxecto de intercambio e colaboración, mediante a posta a disposición de libros cedidos por particulares e por ambos centros escolares que serán postos á venda polo simbólico prezo de 2€, e cuxa recadación se destinará á Asociación de Saúde Mental”.
Unha axenda chea de citas para o Nadal
Este primeiro evento dará paso a unha axenda chea de citas durante todas as festas en Barreiros. O día 14, dez días antes de Noiteboa, acenderanse o decorado luminoso. O día 17, as nenas e nenos poderán recibir a visita do Apalpador da man do Colectivo Cultural Ollomao. O 24, será a quenda de Papá Noel e tamén o 5 de xaneiro percorrerán Barreiros as Súas Maxestades de Oriente. Entre tanta visita, quedará tempo para actividades deportivas, viaxes para as crianzas ou o concerto do coro local Airiños do Mar.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



