Todos os que o coñecemos sabemos da súa particular predilección por todo o que teña que ver coa celebración de festas, efemérides, homenaxes con murais, días internacionais, etc, etc, etc…
Por iso, non acabamos de comprender que a estas alturas de mes o noso concello non teña ningunha luminaria de Nadal colocada polas rúas… Parece mentira en vostede … co que lle gusta tamén iso de engalanar rúas!
Descoñecemos a que se debe isto e gustaríanos saber cal é o motivo de que Burela aínda non teña ningunha luz de Nadal a menos de 20 días para a Noiteboa.
Seguro que terá as súas razóns, pero coma case sempre só as sabe vostede e os seus compañeiros do Goberno municipal. Créanos señor Llano, o resto de veciños e veciñas non as sabemos e queremos coñecelas da súa boca.
Mentres que agardamos a súa resposta, saiba que os e as burelás non nos resignamos á escuridade á que vostede e os seus concelleiros queren sumir a vila. Por iso, animamos a toda a cidadanía a acender Burela como se merece e así celebrar estas datas.
Facemos un chamamento á veciñanza para suplir esta carencia iluminando fachadas, escaparates, xanelas, balconadas e todo o que se lles ocorra, para demostrar entre todos e todas que Burela brilla tamén no Nadal.
Neste senso queremos agradecer á Asociación de Comerciantes e Autónomos de Burela polo seu esforzo de engalanar con decoración navideña algúns dos lugares máis céntricos da nosa vila.
A decoración de Nadal supón un revulsivo que incita ao consumo, ás compras e a gozar da hostalería do municipio. Por iso, señor Alcalde, creemos que a súa actitude de non poñer iluminación de Nadal é unha estocada mortal para os comercios da vila que vai en detrimento do noso xa minguado tecido industrial e comercial.
Bríxida Pino. A.VV O Vencello























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



