Mondoñedo, 26 de decembro do 2022. O deputado nacionalista mariñao Daniel Castro rexistrou a semana pasada no Parlamento Galego unha Proposición non de Lei para que a aula de fisioterapia do Centro de Saúde de Mondoñedo conte de xeito urxente con persoal para impartir o servizo.
O BNG apunta que desde hai varios anos o Sergas creou a praza de fisioterapeuta en Mondoñedo para atender a doentes dos concello de Mondoñedo e Lourenzá, pero ata que o BNG local en Maio do 2018 reclamou no concello a necesidade de que se impartise ese servizo na cidade non se soubo nada máis.
Deste xeito, e ate chegados a decembro do 2020 a Xunta de Galiza non anunciou que comezarían as obras de acondicionamento dunha sala no Centro de Saúde de Mondoñedo nas que poder ofrecer un servizo de calidade.
Pasados varios meses e ata o mes de abril do 2022 non se dan por acabadas as obras no centro, pero contrariamente ao agardado polos nacionalistas, a día de hoxe a aula segue sen persoal e veciñanza de Mondoñedo e Lourenzá seguen tendo que ir a Foz para poder recibir tratamento fisioterapéutico.
Segundo denuncia Daniel Castro, que estivo en Mondoñedo acompañado do portavoz municipal Eloi Cabanas e membros do BNG Local presentado a iniciativa. “Estamos aquí ante un novo exemplo da política sanitaria da Xunta de Galiza que se basea en moita propaganda e moi pouco persoal sanitario, xa que a pesar de ter a sala especializada lista desde hai varios meses os habitantes de Mondoñedo e Lourenzá seguen sen poder contar cun servizo de proximidade digno do século XXI”.
As obras para habilitar a nova área de fisioterapia supuxeron unha inversión de algo máis de 65.000€ e agora o centro conta cunha sala de exercicios con tres boxes de tratamentos para electroterapia, microondas e ondas de choque, dúas padiolas de tratamentos, dous ergómetros, unha mesa de mans, unhas espaleiras dun metro, paralelas e escaleira con rampla, entre outro material para a realización das terapias físicas e tratamentos recuperadores ou rehabilitadores dos pacientes.
O portavoz municipal, Eloi Cabanas insta a Xunta a que explique a tardanza na dotación de persoal para o Centro de Saúde mindoniense e pide fixar unha data aproximada para a posta en marcha do servizo. “Preguntamos no último pleno por este asunto e o alcalde evitou darnos unha data concreta e tendo en conta que a praza está orzamentada e consolidada na RPT do Sergas seguimos sen entender toda esta demora do servizo” conclúe.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



