Castiñeira di que “é necesario tamén garantir que os focenses sigan tendo prioridade na entrada na residencia, tal e como levamos facendo dende o inicio deste servizo, e para elo cremos que debe afondarse na súa municipalización”
Foz, 23 de decembro de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, parece cambiar a súa liña con respecto á Residencia da Terceira Idade. O portavoz do PP, Javier Castiñeira, sinala que no seu grupo alégranse de que “o pleno celebrado o pasado mércores en relación coa Residencia da Terceira Idade dea froitos e que as propostas que fixo o PP as empece a coller o alcalde, porque son as propostas que deberían ter feito xa no seu momento”. Engade: “É certo que perdemos moitos meses, pero tamén é verdade que é necesario non xogar con este asunto como estaba a facer o alcalde. Cajoto non admitiu no pleno as propostas do PP, pero ao día seguinte parece que as acepta”. Castiñeira informa de que “o PP de Foz vén de poñerse en contacto co señor Cajoto e co BNG para ter unha reunión urxente, para intentar consensuar esa solución que agora está máis cerca, despois de que o alcalde se dera conta de que ía nunha liña equivocada; hai que intentar resolver a crise da residencia”.
O PP, sinala Castiñeira, “ofrécese como canle para que o Consorcio reciba a todos os voceiros da corporación para coñecer cal é a posición desta entidade, que xa se lle explicou varias veces ao señor Cajoto, e valorar as opcións reais para ter un bo acordo, que garanta outros catro anos de bo facer, como foron os últimos”. Os populares tamén esixen “ao goberno municipal que convoque aos voceiros dos grupos a unha reunión coa empresa que xestiona o asilo para tratar de asegurar a súa continuidade polo menos ata ter a solución definitiva”.
Castiñeira sinala: “Queremos que antes de que remate o ano se poida avanzar na solución a este problema. Ese é o obxectivo fundamental: devolver a tranquilidade aos residentes, aos seus familiares e aos traballadores, que tan bo labor fixeron nestes anos difíciles, pola pandemia e as dificultades económicas”.
O portavoz popular avisa: “É necesario tamén garantir que os focenses sigan tendo prioridade na entrada na residencia, tal e como levamos facendo dende o inicio deste servizo, e para elo cremos que debe afondarse na súa municipalización, como é a día de hoxe, que é o que garante o benestar dos nosos veciños e, por outro lado, a estabilidade laboral dos traballadores”.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



