O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co comité de empresa de Alcoa para abordar o seu futuro
Cervo, 11 de xaneiro de 2023. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión co comité de empresa de Alcoa para abordar o futuro da planta. Neste sentido referiuse a que ese futuro pasa “pola consecución dun prezo competitivo e os investimentos que Alcoa pode desenvolver”.
Conde trasladou o seu apoio aos traballadores para que nun contexto de diálogo se poidan dar certezas e chegar a “un acordo entre empresa e traballadores que garanta a viabilidade a futuro e dea estabilidade ao emprego”, explicou.
Por outra banda, avaliaron as necesidades da planta en materia de prezo eléctrico:
“o Goberno pode adoptar medidas e modificacións no Estatuto electrointensivo para contar cun marco enerxético que lle permita competir en igualdade de condicións con outros países que teñen un prezo eléctrico máis barato”, subliñou.
O vicepresidente económico tamén se referiu ao Perte de descarbonización industrial, convidando a Alcoa a aproveitar esta oportunidade dos fondos europeos con proxectos para a planta, do mesmo xeito que agarda para Galicia un compromiso real por parte do Goberno.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



